Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

23/10/20 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega preto de 34.000 euros para a construción dun parque infantil cuberto no concello de Tordoia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras realizadas grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas de uso público

23/10/20 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e Autoridade Portuaria da Coruña trasladan a preocupación polo bloqueo do ferrocarril a Langosteira e demandan igualdade de trato co mediterráneo

Ethel Vázquez salienta que mentres o Goberno impulsa o Corredor Mediterráneo, a conexión ferroviaria co porto de Barcelona e establece alianzas estratéxicas con Italia, ignora as necesidades do Corredor Atlántico e a conexión de Langosteira

23/10/20 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para mellorar o sistema de abastecemento de auga do concello de Betanzos

A actuación foi adxudicada por un importe de preto de 1,1 millón de euros e dispón dun prazo de execución de 9 meses

23/10/20 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción para acondicionar o trazado da estrada AC-110, no concello das Somozas

A actuación suporá un investimento autonómico de máis de 403.000 euros e un prazo de execución de 6 meses

23/10/20 | 10:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción do acceso á autovía autonómica AG-53 en sentido Ourense desde Dozón cun investimento de máis de 1 millón de euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten previsto o levantamento de actas previas este outono e licitar a obra en novembro, para a súa execución no 2021

22/10/20 | 14:12

As obras de pavimentación da praza das Airas no Barco de Valdeorras poderán comezar este mesmo mes

A empresa adxudicataria vén de asinar o contrato que permite o inicio dos traballos para a canalización da rede de alumeado e comunicacións e de tendidos aéreos para evitar o impacto visual

22/10/20 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora dos aparcadoiros e da vía de acceso ao hospital Naval de Ferrol

Os traballos, que comezaron na segunda quincena de agosto, consistiron na renovación do firme do vial perimetral, ademais de actuar sobre uns 5.000 m2 dos aparcadoiros

22/10/20 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en valor o protocolo de prevención específica fronte á covid-19 para facer do autobús compartido o máis seguro de todos os medios de transporte público

Ignacio Maestro subliña a celeridade do Goberno galego que, xa antes de decretarse o estado de alarma, dispuxo as primeiras medidas para favorecer unha mobilidade segura e un servizo de transporte de calidade e coas máximas garantías

21/10/20 | 14:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para novembro e decembro os actos expropiatorios para executar dúas sendas na estrada PO-551, ao seu paso polos concellos de Bueu e Marín

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria, que fixa o levantamento de actas previas dos terreos precisos para construír estas sendas, entre Bagüín e Seixo e entre Trasouto e O Alto da Portela

21/10/20 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que o barrio de Conxo chegará a 2021 máis humano, seguro e ordenado grazas a un investimento da Xunta de 2,7 millóns de euros

Vázquez Mourelle subliña que as obras están na súa fase final e acadan un grao de execución do 75%, polo que estarán rematadas antes de fin de ano