Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

01/03/20 | 15:10

Veciños dunha vintena de concellos peregrinan polo Camiño de Santiago con ‘O teu Xacobeo’

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, recibiu hoxe aos veciños da Pobra do Brollón que completaron o tramo entre Rodeiro e Palmaz

29/02/20 | 13:35 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o liderado económico da DOP Arzúa-Ulloa no conxunto dos catro selos de queixo galegos cun valor estimado no ano 2018 de 20,8 millóns de euros

José González sinalou que a produción desta denominación de orixe protexida representa case o 62% dos quilos de queixo con selo en Galicia e o seu valor económico algo máis do 60% do total das catro denominacións

29/02/20 | 13:11

O Camiño de Inverno, protagonista da mostra fotográfica da asociación Alumni USC

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu á apertura desta exposición, composta por 50 imaxes realizadas ao longo de toda esta ruta

29/02/20 | 12:03 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta presenta a entidades públicas e privadas sen fins de lucro a nova liña de axudas para a dixitalización dos seus fondos documentais

Será o vindeiro xoves, 5 de marzo, nunha xornada técnica na Cidade da Cultura, na que responsables da Amtega e da dirección xeral de Cultura explicarán os requisitos para solicitar esta subvención

27/02/20 | 20:31

Os Premios Martín Códax abren convocatoria co apoio da Xunta para recoñecer 20 proxectos musicais galegos

A Asociación Músicas ao Vivo presentou hoxe a sétima edición dos galardóns que organiza, para a que recibirá propostas entre o 1 e o 15 de marzo

27/02/20 | 17:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O alumnado do IES Xoán Montes profundiza no coñecemento da Muralla nunha xornada divulgativa promovida pola Xunta

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, participou nos actos e lembrou que unha das máis recentes intervencións foi precisamente no cubo do monumento que pecha o patio dese centro

27/02/20 | 10:26

A Xunta incoa o expediente para declarar BIC o funicular de transporte aéreo de Novo y Sierra de Valga

O DOG publica hoxe a resolución coa que se inicia o procedemento polo que as sete torres e a zona do embarcadoiro situadas neste concello pontevedrés terán a máxima protección patrimonial

26/02/20 | 15:30

Román Rodríguez salienta a imprescindible aposta por un camiño sustentable de cara ao próximo ciclo xacobeo

O conselleiro de Cultura e Turismo asinou un acordo cos 11 concellos do Camiño Francés para avanzar na mellora paisaxística e dinamización desta ruta

26/02/20 | 13:50

Román Rodríguez aposta por declarar Ben de Interese Cultural o xacemento de Adro Vello

O conselleiro de Cultura e Turismo visitou hoxe este lugar arqueolóxico grovense, salientando que se trata dun “espazo moi vencellado á tradición xacobea” e subliñando a súa potencialidade para turismo cultural para o Salnés

26/02/20 | 13:25

Pérez&Fernández estrea no Salón Teatro de Santiago ‘Os nenos da varíola’ en coprodución co Centro Dramático Galego

Xosé Leis e Victoria Pérez codirixen a adaptación teatral da novela de María Solar inspirada na Expedición Balmis, que en 1803 partiu da Coruña con 22 nenos a bordo e a misión de levar a vacina da varíola a ultramar