Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

05/03/20 | 14:19

O IES Ferrol Vello e o CEIP Xesús San Luis Romero gañan o Concurso-exposición Letras Galegas 2020

O CEIP carballés foi seleccionado na categoría de infantil e primaria pola mostra 'Recordando Carvalho Calero', mentres que o IES ferrolán se fixo co premio na categoría que inclúe o resto dos centros educativos pola exposición 'Unha vida polo galego'

05/03/20 | 13:27

O I Mumi de Verín presenta o seu programa de conexión musical entre Portugal e Galicia no marco de ‘O Teu Xacobeo’

Máis de 100 profesionais están xa acreditados para participar neste encontro entre ambas industrias musicais, que se desenvolverá na localidade ourensá do 12 ao 14 de marzo co apoio da Xunta

05/03/20 | 12:44

O Gaiás celebra unha sesión de contacontos do 'Festival Atlántica' polo Día Internacional da Narración Oral

O Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia acollerá a cativada de centros escolares que acudirán a escoitar a emotiva historia do ‘Avó’ de Ramiro Neira

04/03/20 | 14:23

A Xunta pon en valor o labor das redeiras cunha exposición fotográfica na Cidade da Cultura co gallo do Día da Muller

A mostra da Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’ conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade e pode verse desde hoxe no Museo Centro Gaiás

04/03/20 | 13:41

O novo circo, a danza aérea e a música electrónica suben ao escenario do CDG coa compañía IO e o espectáculo '4 segundos'

O Salón Teatro acolle tres funcións da montaxe este venres e o sábado, ás 20,30 h., e o domingo, ás 18,00 h.

04/03/20 | 12:50 | A Presidencia da Xunta

A Xunta e "la Caixa" reforzan a súa colaboración cun novo convenio cunha partida específica de 5 millóns de euros para o patrocinio do Xacobeo 2021

Con esta sinatura, “la Caixa” dedicará a acción social na Comunidade máis de 13 millóns, en 2020, para colaborar na mellora das condicións de vida da infancia máis vulnerable, das persoas maiores e dos colectivos en risco de exclusión, entre outros

04/03/20 | 12:18

A Xunta adxudica por preto de 65.000 euros as obras de restauración da sancristía maior da catedral de Ourense

Acometeranse actuacións nas pinturas da bóveda, no pavimento ou no mobiliario histórico e renovarase a iluminación para destacar o valor deste espazo

03/03/20 | 17:53

A obra do escultor Manuel Buciños, protagonista na exposición ‘Diario de artista’ no centro cultural Marcos Valcárcel

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á presentación da mostra que estará aberta ao público do 5 de marzo ao 3 de maio

03/03/20 | 14:06

A Xunta de Galicia adxudica por 51.000 euros a segunda fase das obras de restauración da igrexa de Santa Baia de Palio en Lalín

Actuarase principalmente nos paramentos e na tribuna do templo, co obxectivo de que poida ser empregado como recurso para a promoción sociocultural na zona

03/03/20 | 09:16

O Ateneo Ferrolán acolle durante esta semana a mostra 'Don Ricardo de Fingoi'

A exposición promóvea o Colectivo Egeria co apoio da RAG e da Xunta de Galicia, no marco da programación institucional das Letras Galegas 2020