Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pon en servizo o aparcadoiro de Altiboia, na zona dos Concheiros, en Santiago
O remate da obra de explanación da parcela, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, permite anticipar a dispoñibilidade de 120 prazas de aparcamento para os veciños
A Xunta celebra que os Orzamentos do Estado recollan a petición do Goberno galego de bonificar as peaxes da AP-9 e espera que non quede en promesas incumpridas
O Goberno galego agarda que o Ministerio de Transportes concrete a aplicación concreta das bonificacións e avanza que estará vixiante para garantir que beneficien ao conxunto dos usuarios
A Xunta insta ao Goberno central a revisar os acordos con Audasa para evitar que a AP-9 sexa en 2021 a única autoestrada de España na que suban as peaxes e frear o agravio que sofre Galicia
Vázquez Mourelle urxe a actuación do Goberno para evitar novas subas na AP-9 mentres outras autoestradas estatais ven liberadas ou rebaixadas estas tarifas
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do concello de Lugo do treito inicial da estrada LU-530, entre a rúa San Eufrasio e o paseo do Rato
Trátase do treito duns 900 metros de lonxitude que discorre integramente polo termo municipal, no que a Xunta investiu máis de 300.000 euros na renovación do firme e na sinalización horizontal
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras da nova senda peonil en Albarellos, no concello de Monterrei
Esta actuación, cun investimento de máis de 180.000 euros, ten un prazo de execución de 6 meses
A Xunta inicia a construción dunha senda peonil na estrada autonómica OU-540, en Santa Comba de Bande
Os traballos, cun investimento de máis de 35.000 euros, realízanse en ambas as dúas marxes da estrada, entre os puntos quilométricos 49+775 e 49+895
O avance na fase final das obras de integración paisaxística do Camiño Portugués na rúa do Campo de Conxo afectarán ao tráfico a partir deste mércores
Os vehículos que circulen pola rúa Benéfica de Conxo cara á do Campo de Conxo deberán cambiar de sentido á altura da entrada de Televés, onde se habilitará una glorieta
A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo demandan feitos concretos que acrediten o compromiso do Goberno coa Saída Sur e o Corredor Atlántico ante os fondos de reconstrución
Trasladan a preocupación pola falta de avances nunhas actuacións necesarias para o futuro do porto e da cidade fronte ao o impulso doutras nos portos do Mediterráneo
As urxencias do CHUS refórzanse ante a covid cunha nova sala de observación con 40 camas máis
A obra realizouse nun tempo récord, xa que foi tramitada por procedemento de emerxencia ante a situación da pandemia, o que obrigou a desdobrar este servizo para atender en dous circuítos diferenciados aos doentes covid e doutras patoloxías
A Xunta inicia as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense
A intervención conta cun investimento de máis de 523.000 e iníciase cos traballos previos de retirada do material do interior: desmontado de mobiliario, carpinterías, elementos de fontanería, instalación eléctrica e o resto de instalacións