Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

30/03/20 | 14:32

A Xunta prepara un paquete de medidas para paliar os efectos do coronavirus na cultura preservando a actividade e o emprego

O conselleiro Román Rodríguez reuníuse co Consello da Cultura, a Real Academia Galega e a Real Academia de Belas Artes, ao tempo que se mantén contacto directo desde o inicio da crise sanitaria con 13 asociacións e colectivos do sector

30/03/20 | 14:07

A Cidade da Cultura lanza un programa en liña para estimular a creatividade da cativada a través de xogos artísticos en familia

O Gaiás ofrecerá nas súas redes socias contidos culturais para que as familias exploren xuntas as habilidades artísticas de nenos e nenas

27/03/20 | 16:13

A Ribeira Sacra será candidata a Patrimonio Mundial da Unesco en 2021

A proposta presentarase xunto a outras 23 de todo o mundo e será sometida a estudo e debate na 45ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial

27/03/20 | 12:33

A Xunta facilita as condicións de acceso á plataforma GaliciaLe que ofrece máis de 4.500 títulos de libros, revistas o películas

O catálogo de préstamos electrónicos, que só estaba operativo para os usuarios das bibliotecas públicas, ábrese agora a toda a poboación e de xeito gratuíto

21/03/20 | 10:12

A Xunta propón unha programación de lecer cultural para toda a familia no eido dixital coa campaña #aculturasegue

Os museos, centros de interpretación, bibliotecas ou arquivos xestionados polo Goberno galego potencian os seus recursos e materiais online

12/03/20 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo avanza a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus

Anuncia a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-

11/03/20 | 14:36

Anxo M. Lorenzo destaca o valor documental das postais na nova exposición do Museo das Peregrinacións

O director de Políticas Culturais da Xunta participou na apertura da mostra ‘Camiño ComPostal’ no marco de ‘O teu Xacobeo’ que se poderá visitar no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata finais do mes de abril

11/03/20 | 12:53

O Xacobeo 2021 suma un novo apoio en Lugo con Torre de Núñez, que aportará 200.000 euros para o impulso do Ano Santo

O representante da Xunta destacou a implicación da firma no obxectivo de amosar “a gastronomía excepcional da nosa terra e o noso patrimonio cultural e natural”

11/03/20 | 10:53

A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo comenzan a intervención arqueolóxica no campamento romano da Ciadella

Durante seis meses un equipo de arqueoloxía e restauración afondará no coñecemento deste asentamento militar construído no século II despois de Cristo

10/03/20 | 22:30

Román Rodríguez enxalza a contribución da cociña tradicional para que Galicia medre como destino enogastronómico

O conselleiro de Cultura e Turismo recibiu hoxe a insignia de ouro da asociación Restaurantes de Buena Mesa, que celebra en Galicia a súa asamblea anual