Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

23/07/20 | 20:35 | C. de Sanidade

Sanidade lémbralle á Liga e ao CF Fuenlabrada a obriga legal de comunicar ás autoridades sanitarias os resultados de calquera proba de covid-19

Sanidade reitera que os resultados das probas diagnósticas deben ser comunicadas de forma urxente e prioritaria ás autoridades sanitarias

23/07/20 | 16:11 | C. de Sanidade

As persoas procedentes de zonas con alta incidencia epidemiolóxica da covid-19 deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias

Feijóo avanza que esta nova medida terá carácter obrigatorio para todas as persoas que proveñan ou estiveran nos últimos 14 días en zonas con alta incidencia epidemiolóxica, independentemente de que sexan residentes na Comunidade ou non

23/07/20 | 14:31 | C. de Sanidade

O brote de coronavirus da Mariña redúcese noutros 21 casos activos respecto ao día de onte

Os casos activos vencellados ao brote da Mariña pasan dos 69 de onte aos 48 que hai hoxe, tras dous positivos e 23 altas

23/07/20 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta, a Universidade de Vigo e o CSIC desenvolverán un proxecto conxunto de detección temperá da covid-19 en dez depuradoras a través de bioindicadores mariños

Rastrearase o virus nas depuradoras de Baiona, Nigrán, Gondomar, Cambados, Moraña, Porto do Son, Muros, Melide, Ares e Cedeira, o que posibilitará facer un seguimento sobre unha poboación de máis de 110.000 cidadáns

23/07/20 | 11:42 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 163 casos activos por coronavirus

Un total de 11.187 pacientes xa están curados

23/07/20 | 10:24 | C. de Sanidade

ADOS chama a doar sangue á cidadanía co gallo da festividade do 25 de xullo e recalca a importancia de incrementar as doazóns de sangue dos grupos A positivo, B positivo e 0 negativo

A Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue comunica que é preciso aumentar o número de doazóns da sangue durante o verán, especialmente nas xornadas anteriores ás operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións

22/07/20 | 15:01 | C. de Sanidade

Sanidade levanta a limitación da mobilidade no concello de Burela

Todo o distrito sanitario da Mariña queda libre de restricións de movemento, aínda que seguen vixentes as medidas de redución de aforos e o cumprimento dos horarios de apertura e peche

22/07/20 | 13:22 | C. de Sanidade

O brote de coronavirus da Mariña redúcese noutros 10 casos activos respecto ao día de onte

Os casos activos vencellados ao brote da Mariña pasan dos 79 de onte aos 69 que hai hoxe, tras dous positivos e 12 altas

22/07/20 | 13:04 | C. de Sanidade

A Xunta leva entregadas 1,2 millóns de unidades de protección contra o coronavirus aos centros asistenciais lugueses desde o inicio da crise sanitaria

O Goberno galego está a completar esta semana o envío número 17, neste caso para 79 residencias e centros sociais que recibirán 77.400 unidades, incluídas mascarillas, batas, pantallas faciais e produtos desinfectantes

22/07/20 | 11:37 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 180 casos activos por coronavirus

Un total de 11.131 pacientes xa están curados