Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

12/11/20 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a senda peonil que da acceso ao polígono da Matela, en Outeiro de Rei, á que destinou 350.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que esta nova infraestrutura “incrementa a seguridade e promove unha mobilidade sustentable”

12/11/20 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de reparación da cuberta das dársenas da estación de autobuses do Carballiño

O contrato ten un orzamento de preto de 11.000 euros e establece un prazo de execución de 1 mes

11/11/20 | 19:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta urxe ao Ministerio de Transportes a concretar o "como, cando e canto" das bonificacións da AP-9 anunciadas nos Orzamentos do Estado, os peores para Galicia en 15 anos

Vázquez Mourelle defende o dereito dos galegos a coñecer como se van materializar esas rebaixas, xa que a única certeza é que Audasa seguirá gañando

11/11/20 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Fernández-Tapias supervisa o remate dos traballos do tramo de concentración de accidentes na PO-552 ao seu paso por Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a inversión de 18 millóns de euros en infraestruturas para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na comarca

11/11/20 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta de Galicia concede axudas a 20 concellos para elaborar os plans de emerxencia fronte á seca

O Goberno galego prevé que o vindeiro ano sexan 40 os municipios que teñan os seus documentos preparados para poder anticiparse a posibles situacións de seca

11/11/20 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita dúas marquesiñas na estación de autobuses de Ourense que funcionarán desde mañá xoves como parada provisional ata a entrada en servizo da nova terminal

A Xunta acondicionou unha zona anexa á terminal e instalou estes refuxios para facilitar os servizos de transporte interurbano que operan nesta estación

11/11/20 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete un proxecto de reforzo da seguridade viaria na PO-552 entre Tomiño e Tui cun investimento de 660.000€

A delegada territorial en Pontevedra, Luisa Piñeiro, supervisa a actuación, que inclúe glorietas, melloras en interseccións, beirarrúas e sendas ciclistas

10/11/20 | 18:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lémbralle ao Goberno de España que a Consellería de Infraestruturas xa realizou un completo estudo técnico e económico da Saída Sur de Vigo

O Goberno galego remitiulle o pasado mes de xullo ao Ministerio de Transportes a análise custo-beneficio da Saída Sur de Vigo e da conexión ferroviaria da terminal de Bouzas realizada polos principais expertos autonómicos na materia

10/11/20 | 11:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de construción dunha cuneta de seguridade na estrada AC-409 ao seu paso por Bailía, en Ordes

A actuación, adxudicada por un importe de máis de 48.000 euros, conta cun prazo de execución de 2 meses

09/11/20 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de ensanche e mellora da rúa Fisterra, na cidade de Lugo, coa fin de facilitar a mobilidade na contorna

O Goberno galego avanzará nos vindeiros meses nas expropiacións e na licitación das obras, que se executarán no ano 2021 cun orzamento de máis de 75.000 euros