Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

11/05/20 | 10:50

A Xunta intensifica o proceso necesario para a reapertura do servizo nas bibliotecas e museos de xestión autonómica

Traballa nas actuacións preliminares para o inicio progresivo da atención presencial seguindo as indicacións publicadas polo Goberno central este sábado no BOE

10/05/20 | 12:43

A Xunta impulsa a programación máis dixital polo Día das Letras Galegas para renderlle tributo a Carvalho Calero

Eventos virtuais, festivais e proxectos expositivos, audiovisuais, literarios, académicos e escolares enchen Internet para achegarlle á cidadanía a figura, obra e vida do autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega (RAG)

09/05/20 | 13:15

Máis de 13.000 persoas visitaron de xeito virtual museos e monumentos emblemáticos a través de ‘Galicia, na túa casa’

A Xunta impulsa un microsite que permite facer percorridos por parte do Patrimonio da Humanidade galego e máis de 70 igrexas e mosteiros

07/05/20 | 20:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta o Plan de reactivación cultural autonómico como un motor para o sector no horizonte próximo

Román Rodríguez deu a coñecer nun webinar no que se inscribiron máis de 600 profesionais os obxectivos e o catálogo de investimentos do plan e subliñou que “a recuperación da cultura é un reto compartido entre todos no que Galicia estará a altura”

06/05/20 | 11:43

A Cidade da Cultura funda o 'Club das lerchiñas' con seis das mellores contacontos para sesións en liña dirixidas ás familias

María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer, Paula Carballeira e Ledicia Costas son as contadoras deste divertido e virtual club de narración oral

04/05/20 | 17:12

A Xunta e Google colaborarán na promoción internacional do Camiño de Santiago coa creación dunha canle de contidos

Galicia traslada no Consejo Jacobeo a invitación ao resto de comunidades para que se incorporen a un proxecto estratéxico na difusión do Xacobeo 2021

04/05/20 | 13:56

O Gaiás convida a gravarse lendo textos de Carvalho Calero para editar un vídeo coral con motivo das Letras Galegas

A xeito de lectura participativa en liña, a actividade quere contribuír a pór en valor e dar a coñecer a prolífica obra do homenaxeado deste ano

04/05/20 | 12:50

A Xunta destina 2,5 M€ á súa convocatoria de axudas á produción audiovisual cun incremento do 25% respecto a 2019

Trátase dunha das principais liñas do programa autonómico de apoio ao sector que este ano será reforzado co Plan de Reactivación da Cultura e o Turismo para facer fronte aos efectos da crise sanitaria

30/04/20 | 16:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
29/04/20 | 14:13

A Xunta avalía cos museos a situación derivada do COVID-19 e as accións de futuro para a reapertura dos equipamentos

O conselleiro de Cultura e Turismo reuniuse con representantes dos principais museos galegos, institucións básicas na preservación e difusión da cultura