Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

18/05/20 | 14:45

A Xunta aproba tres liñas de subvencións con 600.000 euros para dotar de liquidez as industrias culturais por diferentes gastos

O conselleiro Román Rodríguez presidiu hoxe a reunión do Consello Reitor da Agadic na que se validaron as novas convocatorias, incluídas no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico

17/05/20 | 11:04

As bibliotecas e museos da Xunta reabren esta semana cunha recuperación progresiva dos distintos servizos presenciais

As bibliotecas inician mañá luns a súa actividade de lectura en sala e préstamos e devolución de materiais, que deberán pasar 14 días de corentena tras a entrega

15/05/20 | 10:51

Os museos da Xunta celebrarán o seu día cun amplo abano de actividades dixitais e en liña

A conmemoración céntrase este ano en festexar a diversidade e pon o foco nos múltiples xeitos nos que esta enriquece ás sociedades e ás persoas

14/05/20 | 12:46

A Xunta convida á reflexión sobre os desafíos da cultura na era post COVID-19 a través dunha serie de foros online con expertos

A primeira sesión terá lugar este venres 15 de maio e contará coa presenza da responsable de programas virtuais do Museo Reina Sofía, Olga Sevillano Pintado, e o comisario e xornalista experto en comunicación dixital, Manuel Gago Mariño

12/05/20 | 12:37

Os proxectos ‘Recordando Carvalho Calero’ e ‘Unha vida polo galego’ locen xa no Portal da Lingua Galega

O CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo e o IES Ferrol Vello de Ferrol gañaron o Concurso-Exposición Letras Galegas 2020 convocado pola Xunta de Galicia

12/05/20 | 12:23

As bibliotecas públicas da Xunta súmanse á programación online conmemorativa do Día das Letras Galegas

Exposicións virtuais e iniciativas en redes son as propostas destes equipamentos culturais para homenaxear ao escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero

11/05/20 | 14:18

A Xunta promove a reflexión sobre a divulgación cultural e científica en internet a través do segundo encontro #CulturaLike

Organizado pola Cidade da Cultura, será emitido en liña o 20 de maio e amosará as potencialidades da rede para difundir coñecemento dun xeito efectivo e accesible

11/05/20 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta intensifica o proceso necesario para a reapertura do servizo nas bibliotecas e museos de xestión autonómica

Traballa nas actuacións preliminares para o inicio progresivo da atención presencial seguindo as indicacións publicadas polo Goberno central este sábado no BOE