Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia convocará un Consello Galego de Pesca extraordinario para analizar polo miúdo o impacto do acordo sobre o brexit na comunidade
O Executivo galego vai encargar dous informes sobre a súa incidencia no sector, un de carácter técnico-administrativo e centrado no impacto que terá na actividade extractiva e na comercialización dos produtos pesqueiros e outro sobre as súas implicacións xurídicas
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal abre a consulta pública do Plan de Investimentos Conxuntos 2021-2027
O obxectivo é recoller achegas de todos os axentes interesados de cara a concreción do documento final
Galicia constata que o acordo sobre o brexit é un duro golpe para o sector ao recortar as posibilidades de captura nos vindeiros seis anos
A Xunta e a frota lembran que o acordo se estende ata 2026, ano no que haberá novos contactos para definir a relación co Reino Unido de cara ao futuro
A Fundación Galicia Europa centrará a súa acción en 2021 na defensa dos intereses da comunidade galega para optar a fondos europeos
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión do Padroado da Fundación ara abordar a estratexia de cara ao próximo ano
O Programa Iacobus incorpora ao persoal das fundacións, centros académicos clínicos e institutos de investigación de saúde nas súas estadías
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da CCDR-N, António Cunha, asinaron hoxe a incorporación das 6 entidades que se adhiren á iniciativa da AECT Galicia-Norte de Portugal
A Xunta aposta en Europa por potenciar as comunidades rurais e o uso do autobús de baixas emisións
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 141° pleno do Comité Europeo das Rexións
Galicia cifra en preto de 30 millóns de euros o impacto que tería no conxunto da economía galega o recorte de cotas de pesca proposto por Bruxelas para o Cantábrico-Noroeste no 2021
Un informe da Xunta mostra que as reducións propostas, que exclúen aos caladoiros do Gran Sol e Francia á espera das negociacións sobre o brexit, suporían unha perda potencial de 12,5 millóns de euros na primeira venda de produtos do mar e afectarían a máis de 2.300 tripulantes das diferentes frotas
A Xunta aposta pola participación das rexións europeas na execución dos fondos de recuperación
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión virtual da Comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións
O secretario xeral da Emigración mostrou o seu apoio as demandas de acceso á nacionalidade dos descendentes dos galegos no exterior
Rodríguez Miranda mantivo, xunto ao delegado da Xunta de Galicia en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, unha reunión cos responsables do Centro de Descendentes Españoles Unidos (Cedeu)
A Xunta aposta por adaptar os proxectos da cooperación para o desenvolvemento de Galicia á realidade da covid-19
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe con representantes da Coordinadora Galega de ONGD