Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Turismo:

03/11/22 | 14:51 | A Presidencia da Xunta

Rueda demándalle por carta a Sánchez que o Cumio Ibérico priorice as infraestruturas que conectan Galicia e o Norte de Portugal, como o AVE Vigo-Porto

Anuncia que esta petición de prioridades se lle fará chegar “inmediatamente e por escrito” para que chegue a tempo antes de que se celebre a XXXIII Cimeira Ibérica, na que lamenta que o Goberno central "non atopase o xeito" de que participase Galicia, "unha comunidade cunha relación tan estreita con Portugal”

03/11/22 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840 no treito coincidente co Camiño do Norte, no concello de Boimorto

A intervención, cun investimento de preto de 45.000 €, consiste na execución dunha senda de case 400 metros por ambas as marxes da estrada entre os puntos quilométricos 33 e 33+370
 

02/11/22 | 19:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora das instalacións da asociación de veciños Baiuca do concello coruñés de Teo

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e a directora xeral de Administración Local visitaron hoxe o local social ao que se destinaron preto de 34.000 euros nos últimos dous anos

02/11/22 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 610.000 € as obras para dotar de abastecemento as parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato, no concello de Pantón

Dotarase deste servizo de auga potable a 240 veciños de 26 núcleos destas parroquias que actualmente carecen del e se abastecen de pozos

02/11/22 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto para executar dous aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido na comarca do Morrazo

Habilitarase un aparcadoiro disuasorio de 81 prazas na autovía do Morrazo e outro de 75 prazas na estrada PO-551 en Domaio, ambos os dous no concello de Moaña

02/11/22 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza a posta en servizo en novembro da 1ª fase da autovía Nadela-Sarria e lamenta que o goberno “eternice” as autovías de Lugo e a solución definitiva para A-6

Salienta que a Xunta está xa inmersa na redacción do proxecto da 2ª fase da autovía, que completará o percorrido desde A Pobra de San Xiao ata Lugo

02/11/22 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Zas de dous treitos das estradas AC-430 e AC-552 ao paso pola parroquia de Santa María de Baio

Transfírense o treito inicial de 180 metros de lonxitude da AC-430 e o tramo de case 500 metros da AC-552, entre o quilómetro 58 e o 58+440

02/11/22 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Mondariz de distintos treitos de estradas autonómicas e de sendas peonís ao paso polo municipio

Transfírense varios treitos antigos das estradas PO-254 e PO-262, o treito inicial da PO-261 e as sendas nas vías PO-262 e PO-431 na súa totalidade, xunto coa súa franxa de dominio público viario
 

01/11/22 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Lugo con 87 profesionais e 1.740 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo

O plan, en servizo desde hoxe, mobiliza nesta provincia un dispositivo de 58 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve

01/11/22 | 11:00

A Xunta impulsa a mellora das instalacións náuticas da Pobra do Caramiñal con fondos europeos

A presidenta de Portos de Galicia e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro visitaron as obras de reforzo da seguridade dos pantaláns que se financian nun 50% a través do GALP Ría de Arousa