Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

12/05/21 | 16:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e a alcaldesa de Salceda de Caselas acordan buscarlle encaixe urbanístico á ampliación do IES Pedras Rubias

A delegada territorial en Vigo mantivo hoxe un encontro con Dolores Castiñeira para explicarlle o proxecto no que a Xunta ten previsto investir 1,5 millóns de euros

12/05/21 | 15:14

Medio Ambiente facilita o asentamento de empresas no sur de Galicia ao informar da viabilidade ambiental dunha modificación urbanística no polígono Porto do Molle

No estudo realizado polo Goberno galego indícase que non se esperan efectos negativos e sinálase a necesidade de realizar un estudo paisaxístico, así como evitar alterar as condicións actuais dos espazos verdes no parque empresarial de Nigrán

10/05/21 | 15:10

A Xunta aproba o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello pontevedrés de Portas

Ángeles Vázquez destaca que se converte no municipio galego número 111 que dispón desta ferramenta urbanística coa que apostar por un desenvolvemento responsable, sostible e equilibrado

06/05/21 | 15:19

A Xunta adxudica 23 parcelas en sete polígonos industriais cun aforro de máis de 2,6 millóns de euros para as empresas

Xestur acaba de resolver o concurso convocado en febreiro para poñer a disposición do tecido empresarial todo o solo dispoñible nos parques que xestiona

17/04/21 | 13:23

A Xunta licita por case 130.000 euros as obras de humanización do espazo público do Tameirón na Gudiña

Grazas a esta intervención melloraranse as infraestruturas básicas deste núcleo, como a rede de abastecemento e saneamento, como traballos previos á humanización do espazo público

17/04/21 | 12:26

A Coruña, Arteixo, Narón e Poio sumaranse este ano ao proxecto da Xunta para obter imaxes de alta resolución dos seus municipios

? O Instituto de Estudos do Territorio, a Fegamp e os catro concellos asinarán un convenio de colaboración para fixar os termos e condicións do acordo
A Xunta impulsou esta iniciativa en 2018 para dispoñer de información xeográfica cun maior grao de detalle do que dá o Plan nacional de observación do territorio

13/04/21 | 13:04

A Xunta convoca unha nova orde de axudas para emendar máis de 300 impactos paisaxísticos dotada cun millón de euros

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza que o DOG publica hoxe a resolución pola que se convoca por primeira vez esta liña de incentivos, dirixidos a particulares cun axuda máxima de 3.000 euros por proxecto