Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Pesca:

27/12/20 | 14:11

Galicia convocará un Consello Galego de Pesca extraordinario para analizar polo miúdo o impacto do acordo sobre o brexit na comunidade

O Executivo galego vai encargar dous informes sobre a súa incidencia no sector, un de carácter técnico-administrativo e centrado no impacto que terá na actividade extractiva e na comercialización dos produtos pesqueiros e outro sobre as súas implicacións xurídicas

27/12/20 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal abre a consulta pública do Plan de Investimentos Conxuntos 2021-2027

O obxectivo é recoller achegas de todos os axentes interesados de cara a concreción do documento final

26/12/20 | 20:03

Galicia constata que o acordo sobre o brexit é un duro golpe para o sector ao recortar as posibilidades de captura nos vindeiros seis anos

A Xunta e a frota lembran que o acordo se estende ata 2026, ano no que haberá novos contactos para definir a relación co Reino Unido de cara ao futuro

22/12/20 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa centrará a súa acción en 2021 na defensa dos intereses da comunidade galega para optar a fondos europeos

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión do Padroado da Fundación ara abordar a estratexia de cara ao próximo ano

11/12/20 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Programa Iacobus incorpora ao persoal das fundacións, centros académicos clínicos e institutos de investigación de saúde nas súas estadías

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da CCDR-N, António Cunha, asinaron hoxe a incorporación das 6 entidades que se adhiren á iniciativa da AECT Galicia-Norte de Portugal

10/12/20 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta en Europa por potenciar as comunidades rurais e o uso do autobús de baixas emisións

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 141° pleno do Comité Europeo das Rexións

09/12/20 | 18:23

Galicia cifra en preto de 30 millóns de euros o impacto que tería no conxunto da economía galega o recorte de cotas de pesca proposto por Bruxelas para o Cantábrico-Noroeste no 2021

Un informe da Xunta mostra que as reducións propostas, que exclúen aos caladoiros do Gran Sol e Francia á espera das negociacións sobre o brexit, suporían unha perda potencial de 12,5 millóns de euros na primeira venda de produtos do mar e afectarían a máis de 2.300 tripulantes das diferentes frotas

04/12/20 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola participación das rexións europeas na execución dos fondos de recuperación

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión virtual da Comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións

01/12/20 | 14:37 | Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración mostrou o seu apoio as demandas de acceso á nacionalidade dos descendentes dos galegos no exterior

Rodríguez Miranda mantivo, xunto ao delegado da Xunta de Galicia en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, unha reunión cos responsables do Centro de Descendentes Españoles Unidos (Cedeu)

01/12/20 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por adaptar os proxectos da cooperación para o desenvolvemento de Galicia á realidade da covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe con representantes da Coordinadora Galega de ONGD