Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Emigración:

17/02/21 | 12:21

A Consellería de Medio Ambiente aproba inicialmente o Plan Básico Municipal de Triacastela

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca que se trata do segundo concello que acada a aprobación inicial e o primeiro dos oito que iniciaron a redacción do seu plan básico tendo como referente o do Páramo, aprobado inicialmente en decembro

15/02/21 | 11:49

Xunta e Confederación de Empresarios colaborarán para difundir a actual oferta de solo industrial en Galicia a prezos bonificados

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da patronal, Juan Manuel Vieites, reuníronse hoxe para falar da superficie dispoñible nos polígonos xestionados pola Xunta e das facilidades á disposición das empresas interesadas en asentarse neles

11/02/21 | 17:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Campus do Mar en Vigo recibe un pulo importante coa aprobación do último do tres proxectos sectoriais promovidos pola Xunta

O chamado PS-1 ordena e detalla unha área de 20.000 metros cadrados na antiga ETEA destinada a albergar espazos libres, zonas verdes e o sistema viario tanto interior como exterior do futuro Campus, cun investimento estimado de 10 millóns

08/02/21 | 12:10

A Xunta promoverá a rehabilitación de catro vivendas máis no Casco Vello de Vigo para continuar coa revitalización desta zona

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o número 13 da rúa Real, onde avanzou que a próxima semana solicitará licencia ao concello para poder licitar as obras antes de que acabe o mes

03/02/21 | 12:47

A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia aproba o proxecto da estación de autobuses da intermodal da Coruña

Tras recibir hoxe o visto e prace do órgano urbanístico sen ningún voto en contra, poderá elevarse ao Consello da Xunta para a súa aprobación

18/01/21 | 13:00

Ángeles Vázquez anuncia a finalización inminente dos traballos para humanizar a rúa da Estrada, no concello de Marín

Dos case 360.000 euros mobilizados para executar esta actuación urbanística, a Xunta financia con fondos propios o 70% e Concello pontevedrés, o 30% restante

13/01/21 | 18:34

A Consellería de Medio Ambiente contratará este ano a redacción do Plan Básico Municipal do Concello de Beariz

A conselleira Ángeles Vázquez e o rexedor ourensán Manuel Prado reuníronse esta tarde para tratar varios asuntos de interese local en materia urbanística

19/12/20 | 11:36

Medio Ambiente adxudica por case 170.000 euros os traballos de humanización da rúa San Benito, no concello de Arbo

As actuacións previstas, cun prazo de execución de tres meses, pretenden cambiar a pavimentación así como renovar as redes de servizos básicos e a iluminación

17/12/20 | 14:44

Medio Ambiente avanza na tramitación do PXOM de Gondomar ao emitir o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico

O pasado mes de agosto, o Concello pontevedrés solicitou á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático que iniciara o procedemento de avaliación ambiental estratéxica do futuro plan xeral de ordenación municipal

10/12/20 | 12:51

O Páramo convértese no primeiro concello galego en dispor dun plan básico de ordenación municipal

Este concello lucense abre a lista de municipios que se dotarán con este instrumento de ordenación recollido na Lei do solo para aqueles concellos de menos de 5.000 habitantes, xa que nos vindeiros meses oito máis aprobarán o seu propio plan básico