Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

28/02/22 | 09:45 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 63 persoas por 50 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 25 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 27 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

24/02/22 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove a autoprotección mediante un xogo en liña destinado a alumnos de educación secundaria

Trátase dunha oferta lúdico-didáctica promovida pola Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que chegará aos centros educativos de forma telemática, e cuxo obxectivo é formar e sensibilizar a mocidade sobre a importancia da prevención

24/02/22 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos case 15 M€ no funcionamento e equipamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da Comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo

24/02/22 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros

21/02/22 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento do GES da Veiga coa entrega dun equipo de excarceración

O Goberno galego xa dotou nos últimos meses a este grupo dun camión autobomba rural pesada e reafirma o seu compromiso no ámbito das emerxencias con case 20M€ investidos nos últimos anos en material cedido aos GES e aos servizos de Protección Civil da comunidade

20/02/22 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral de Lugo e A Coruña

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

18/02/22 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a todo o litoral galego a alerta laranxa por temporal costeiro

Mantense vixente o nivel de aviso laranxa por mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros na costa coruñesa e na Mariña lucense e esténdese tamén ao litoral de Pontevedra

17/02/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas ata 6 metros na costa coruñesa e na Mariña lucense

12/02/22 | 13:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Agárdase vento do suroeste forza 8 no noroeste e oeste da costa coruñesa

11/02/22 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta a Protección Civil de Vila de Cruces para a súa atención cidadá

O delegado territorial en Pontevedra visitou a sede da agrupación para coñecer o seu funcionamento e necesidades e mantén un encontro con algúns dos seus 20 integrantes, aos que agradeceu o seu “traballo altruísta e desinteresado a prol da sociedade”