Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Conde reivindica o traballo da fundación Eduardo Pondal no impulso ás vocacións científicas
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a sede da Fundación no Couto (Ponteceso), onde coñeceu a unha das alumnas das Aulas Científicas Isidro Parga Pondal que representará a España no Stockholm Junior Water Prize, coñecido como o Nobel Júnior da Auga
Rueda gaba o compromiso de Urovesa coa Formación Profesional orientada ao emprego cualificado e de calidade
Garante a plena colaboración da Xunta ao proxecto de Formación, Emprego e I+D+I desta empresa de vehículos especiais co que pretende contratar a máis dun cento de persoas na área de mecánica, electricidade e pintura do automóbil
Fernández-Tapias anuncia medidas de aforro enerxético coa instalación de placas fotovoltaicas nos centros educativos
A delegada territorial da Xunta informou hoxe nunha visita ao CEE Saladino Cortizo da licitación dun paquete de obras encamiñadas á redución do consumo
A Xunta investirá máis de 1,5 M€ na rehabilitación integral do instituto Francisco Daviña Rey, en Monforte
A previsión é que as obras, que teñen un prazo de execución de cinco meses, comecen en novembro
Gabriel Alén supervisa o remate das obras de reforma do CEIP Manuel Respino da Rúa ás que a Xunta destinou preto de 614.000 euros
O delegado territorial explicou que as actuacións están destinadas a mellorar a eficiencia enerxética do centro e a facilitar a súa accesibilidade
María José Gómez toma posesión como xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
O delegado territorial, Javier Arias, mantivo unha primeira xuntanza coa que foi ata hoxe a xefa do servizo de Coordinación Cultural da Xunta de Galicia en Lugo
O padroado da Fundación Rof Codina aproba a súa adscrición á Universidade de Santiago de Compostela
A decisión susténtase en motivos técnicos e ten como obxectivo aproveitar todas as potencialidades do hospital e do CEBIOVET, desde o punto de vista veterinario, docente e investigador
A Xunta reclama ao Goberno central un novo modelo de ABAU xusto, uniforme e que garanta a igualdade de oportunidades entre as persoas
Román Rodríguez reivindica unha proba que permita o acceso igualitario para todos os estudantes a un sistema universitario de distrito único e non a través de 17 camiños diferentes
Lorenzana despide á primeira promoción do curso universitario de igualdade nas relacións laborais cunha aposta pola formación para “o cambio”
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe o I curso co que aspira a brindar ao tecido empresarial e sindical coñecementos necesarios en materia de igualdade laboral
A Xunta e a Universidade de Vigo colaboran na mellora da xestión pública local galega
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, presentaron hoxe a cátedra de Bo Goberno Local e a modernización do marco lexislativo local de Galicia