Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Consumo:

10/09/21 | 13:15

A Xunta formará e dará opción a traballar a case 2.000 persoas desempregadas na maior convocatoria de obradoiros duais, dotada con 34 millóns de euros

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe que a Xunta xa está a notificar as resolucións dos 94 obradoiros para este curso académico, o maior número desde 2009

06/09/21 | 12:25 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza este venres no CFEA Pedro Murias de Ribadeo un curso sobre técnicas de gabeo, desprazamentos e poda en altura

Programada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a iniciativa desenvolverase en horario de mañá e tarde

03/09/21 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que o novo Plan de financiamento universitario 2022-2026 aspira a mobilizar arredor de 3.000 M€ para relanzar o sistema cara á modernidade, a vangarda e o compromiso coa sociedade

Precisa que esta contía rexerase por seis eixes que calibrarán o financiamento global, a internacionalización, a relación coa empresa, a innovación na docencia, a investigación e a responsabilidade social

03/09/21 | 10:53 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra a vindeira semana nos concellos de Sober e Pantón unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra

Ambas accións formativas terán lugar nas respectivas casas consistoriais, en horario de 17:30 a 21:30 horas

03/09/21 | 10:22 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte mañá no Concello das Pontes de García Rodríguez un novo curso de iniciación á apicultura

Esta acción formativa celebrarase en tres xornadas, en horario de mañá, os días 4, 5 e 11 de setembro na Casa do Mel de Goente

28/08/21 | 12:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sitúa os campamentos de verán como unha oportunidade para fomentar a aprendizaxe non formal

Os participantes, de entre 10 e 13 anos, introdúcense nas técnicas da cociña creativa ou da repostería, entre outras actividades

23/08/21 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita a participar no curso de especialización en financiamento europeo para as ONGD galegas

O curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa”, da Fundación Galicia Europa, desenvolverase entre o 14 e o 24 de setembro

22/08/21 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa unha formación na Fonsagrada sobre iniciación e mellora da gandaría de vacún de carne

Ten previsto desenvolverse dende o vindeiro luns día 30 de agosto ata o 3 de setembro nunha das aulas do antigo instituto da Fonsagrada

20/08/21 | 10:55 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre a alimentación apícola nas Pontes

A acción formativa, que levará a cabo a Agacal, ten previsto desenvolverse o vindeiro venres 27 de agosto no centro de usos múltiples Casa Dopeso do concello coruñés das Pontes

16/08/21 | 10:55 | C. do Medio Rural

A Xunta formará en Castroverde a profesionais do sector agrario sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC

A acción formativa ten previsto desenvolverse o vindeiro luns día 23 no salón de actos do CPI de Castroverde en horario de 15:45 a 20:45 horas