Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

03/06/20 | 14:04

A Cidade da Cultura pecha este sábado o Club das Lerchiñas coa participación da escritora Ledicia Costas

María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer e Paula Carballeira foron as encargadas das anteriores sesións deste divertido e virtual club de narración oral

03/06/20 | 13:39

A Xunta convoca as axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos dotadas con 200.000 euros

O DOG publica hoxe os detalles desta orde de subvención que incrementan o seu orzamento nun 18% con respecto aos anos anteriores

02/06/20 | 15:15

O Gaiás acollerá en outubro 'Galicia, de nós a nós', a segunda exposición do Xacobeo 2021, adiada pola crise da covid-19

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, trasladoullo hoxe ás entidades participantes no Centenario da Xeración Nós nunha xuntanza telemática

02/06/20 | 13:25

A Xunta convida a editores de Turner e Rinoceronte a un novo foro #aculturasegue centrado nos retos do libro na era post covid-19

Este cuarto webinario dos ‘Foros #aculturasegue: reflexións sobre a cultura na era post covid-19’ terá lugar o xoves 4 de xuño ás 17,00 horas conducido polo director xeral de Políticas Culturais e poderá seguirse en cidadedacultura.gal

30/05/20 | 12:11

A Xunta de Galicia proporá ampliar a 2021 a conmemoración do centenario da Xeración Nós

Convoca ás diferentes administracións, institucións e entidades participantes na organización do Centenario da Xeración Nós a unha reunión para acordar os termos da prolongación

28/05/20 | 20:01

O Museo do Mar de Galicia retoma a súa actividade coa mostra 'Blanquísima su presencia' de Nelson Villalobos

O conselleiro de Cultura e Turismo visitou a mostra coa delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo

27/05/20 | 16:53

Xunta e Concello de Santiago reúnense para coordinar accións en materia cultural e turística

O conselleiro Román Rodríguez e o alcalde Xosé Sánchez Bugallo acordaron traballar conxuntamente na reapertura das oficinas de turismo na cidade

27/05/20 | 15:05

A Xunta convoca subvencións á distribución cultural para axilizar o financiamento de actividades executadas antes do estado de alarma

A través da Axencia Galega das Industrias Culturais, destínanse 300.000 euros a esta liña de axudas, repartidos ao 50% entre artes escénicas e música

27/05/20 | 15:00

A Xunta analiza os retos da música na era post covid-19 co crítico Vela del Campo e a directora técnica da Real Filharmonía de Galicia

Será no terceiro webinario dos ‘Foros #aculturasegue: reflexións sobre a cultura na era post COVID-19’, que terá lugar o venres 29 de maio ás 18,00 horas e poderá seguirse en liña en cidadedacultura.gal