Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

20/08/20 | 22:01 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta de Galicia intervén a residencia de maiores do Incio

Tómase esta decisión para garantir a calidade asistencial tralo gromo de coronavirus detectado hoxe

20/08/20 | 15:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Os equipos covid dos centros escolares recibirán formación específica sobre o coronavirus

As consellerías de Educación e Sanidade veñen de pechar os contidos que serán impartidos de xeito presencial e a distancia a partir de setembro, tal e como recolle o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario

20/08/20 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Instituto de Medicina Legal de Galicia realizou en 2019 máis de 23.300 informes periciais médicos, psicolóxicos e sociais

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a directora do IMELGA, Beatriz Otero, presentaron hoxe en rolda de prensa a memoria correspondente ao ano pasado

20/08/20 | 12:28 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.783 casos activos por coronavirus

Un total de 11.701 pacientes xa están curados

19/08/20 | 17:57 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta proporá que as máscaras sexan obrigatorias nas aulas para profesorado e alumnado maior de seis anos

Feijóo reclama un protocolo único para todo o sistema educativo español porque “necesitamos criterios claros e homoxéneos”

19/08/20 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Consellería de Educación avalía co equipo directivo do CPI de Pazos de Borbén a aplicación do protocolo anticovid

O xefe territorial de Educación visitou este centro en compaña do alcalde da localidade que se comprometeu a colaborar na limpeza e desinfección

19/08/20 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora dos aparcamentos e das vías de acceso aos hospitais de Ferrol

Estas actuacións nas contornas dos hospitais Naval, Arquitecto Marcide e Nóvoa Santos supoñen un investimento de 200.000 euros e teñen un prazo de 5 meses

19/08/20 | 11:34 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.623 casos activos por coronavirus

Un total de 11.657 pacientes xa están curados

18/08/20 | 14:47 | C. de Sanidade

Galicia comunícalle ao Ministerio de Sanidade a súa adhesión á aplicación estatal de rastrexo ‘Radar Covid’

A comunidade galega súmase ás rexións que xa comunicaron a súa vontade de empregar a app de rastrexo ‘Radar Covid’

18/08/20 | 11:30 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.505 casos activos por coronavirus

Un total de 11.625 pacientes xa están curados