Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

11/06/20 | 14:43

A Xunta adapta as axudas a festivais escénicos para incrementar ata o 60% a contratación de compañías galegas

A flexibilización das súas bases en aspectos como o aumento porcentual das formacións galegas en cartel ou do orzamento subvencionable é unha das medidas de apoio ás artes escénicas do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico

11/06/20 | 14:34

A Cidade da Cultura crea a 'Escoliña de Merlíns e Morganas', un campamento virtual de maxia impartido por Pedro Volta

A actividade está dirixida á cativada de entre 8 e 12 anos e impartirase en quendas semanais entre o 22 de xuño e o 18 de xullo, con inscrición en Ataquilla.com

09/06/20 | 14:04

A 37ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas exhibirá 16 espectáculos do 9 ao 18 de xullo

O director da Agadic participou na presentación do evento, que modifica as súas datas habituais e adapta espazos para manter o seu encontro anual co público

09/06/20 | 11:50

Os albergues públicos da Xunta, a Catedral de Santiago e a Oficina do Peregrino coordinaranse para reabrir o 1 de xullo

A Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 reuniuse hoxe para avaliar a reactivación do Camiño de Santiago de xeito coordinado e progresivo

08/06/20 | 13:28

A Cidade da Cultura devolve as 300 pezas da exposición ‘Galicia, un relato no mundo’ a entidades prestadoras de oito países

A mostra tivo que pechar antes de tempo debido a crise sanitaria, pero pode seguir visitándose en liña a través da web cidadedacultura.gal

07/06/20 | 10:47

A Xunta conmemora o Día Internacional dos Arquivos cun amplo abano de actividades de lecer a través das redes

A conmemoración desta data será o martes 9 de xuño, pero as actividades vanse realizaranse ao longo de toda a semana

06/06/20 | 10:11

O Gaiás relanza a súa programación do segundo semestre cunha oferta centrada nos artistas e empresas culturais de Galicia

A Cidade da Cultura avanza seis novas exposicións e intervencións artísticas, entre as que destacan as dedicadas á Xeración Nós e a Isaac Díaz Pardo

05/06/20 | 13:23

A Xunta notifica a 14 concellos e entidades locais da provincia de Lugo que contarán con axuda para contratar persoal nas oficinas de turismo

A Consellería de Cultura e Turismo mantén o seu compromiso reformulando unha das liñas de subvencións que tivo que ser paralizada por mor da alerta sanitaria

04/06/20 | 13:21

A Rede Galega de Teatros e Auditorios recupera a súa actividade escénica para o público con funcións en Muros e A Coruña

A Xunta de Galicia promove e coordina este circuíto profesional de espectáculos, do que forman parte escenarios de 40 concellos