Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

28/11/20 | 11:45 | C. do Medio Rural

O Plan Marco de mellora de camiños da Xunta permite que 24 concellos da área de Santiago invistan en infraestruturas rurais máis dun millón de euros na convocatoria de 2020-2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou os proxectos levados a cabo en Oroso ao abeiro deste programa desde o 2018

27/11/20 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza a licitación o vindeiro mes de decembro da redacción dos proxectos das seguintes fases do 'novo CHUAC', no que a Xunta investirá máis de 431 millóns de euros

Remarca que o novo hospital público é un proxecto en marcha, prioridade total para a Xunta, “que non admite perder o tempo” e sobre o que “non se poden permitir dúbidas nin retrasos”

26/11/20 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta completa os servizos de saneamento e abastecemento na parroquia de Larín, en Arteixo, cun investimento de máis de 332.000 euros

Augas de Galicia procedeu á entrega destas infraestruturas hidráulicas ao Concello, que asumirá a súa titularidade e as respectivas tarefas de mantemento

25/11/20 | 18:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez contrapón os Orzamentos da Xunta máis altos da historia a os presupostos "das escusas e do esquecemento" do Goberno de España, os máis baixos para Galicia en 15 anos

Vázquez Mourelle salienta os máis de 11.500 M€ que a Xunta destina á protección social e á reactivación económica, mentres o Goberno de España sitúa Galicia no sexto lugar por investimento total e recorta en máis de 100 M€ o gasto

25/11/20 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os Orzamentos da Xunta para 2021 reservan 400.000 euros para licitar as obras da depuradora de Ber, en Pontedeume, e completar a mellora do sistema de saneamento da ría

As contas autonómicas de 2021 tamén recollen investimentos por preto de 6,3 millóns de euros para as demais actuacións de saneamento e depuración en Cabanas e Pontedeume

25/11/20 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora do firme na estrada PO-308, entre Sanxenxo e Portonovo

Os traballos executáronse no tramo entre os puntos quilométricos 17+350 e 19+100

24/11/20 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia duplica o seu orzamento para infraestruturas de Atención Primaria con preto de 60 millóns de euros para 2021

Salienta que os presupostos de 2021, “os maiores orzamentos da historia da Comunidade”, investirán na Sanidade Pública 475 millóns de euros máis que este ano, chegando así á cifra récord total neste eido de preto de 4.600 millóns

24/11/20 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 66.000€ á mellora do pavimento nas rúa Otero Pedrayo no parque empresarial de Sigüeiro

Esta axuda inclúese dentro da orde destinada á mellora das infraestruturas nos parques empresariais da provincia da Coruña

24/11/20 | 10:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a 80 aloxamentos e establecementos de restauración da comunidade á renovación e modernización das súas instalacións

O DOG publica hoxe a resolución destas axudas, ás que o Goberno galego destina 1,5M€ para levar a cabo accións de modernización, accesibilidade ou eficiencia enerxética nas infraestruturas destes negocios