Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

18/06/20 | 14:49

O Museo de Belas Artes abre este domingo o ‘XIX Ciclo música para unha época’ con capacidade limitada e reserva de praza

A actividade coincide coa celebración do Día da Música e combina as obras dun período determinado con pezas artísticas situadas nas salas do Museo

18/06/20 | 13:57

O CGAC presenta 'Wonder Women', a primeira exposición que bota a andar en Santiago tras a crise da covid-19

A mostra repasa os cambios producidos ao longo das últimas décadas na arte contemporánea a través de obras da colección do centro realizadas por mulleres

18/06/20 | 11:29

A Xunta e Clubtura deseñan o circuíto 'Directos Xacobeo'21 en salas' para a reactivación da música ao vivo en Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo inviste 400.000 euros nesta nova iniciativa, inserida no plan autonómico para os sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19

17/06/20 | 15:07

O Museo do Mar de Galicia acollerá desde mañá o ciclo de concertos de balde 'O son cubano. De La Habana a Vigo'

As actuacións terán lugar ao longo de catro xoves, estarán centradas na música tradicional cubana e complementan a exposición do artista Nelson Villalobos

17/06/20 | 13:54

A Xunta sela con Clun o primeiro acordo de patrocinio do Xacobeo 2021 tras a crise sanitaria

O conselleiro de Cultura e Turismo e o director de Cooperativas Lácteas Unidas asinaron hoxe o pacto que contribuirá á difusión e promoción deste evento

16/06/20 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entregará esta semana o protocolo coas medidas sanitarias de prevención da covid-19 nas verbenas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantiveron hoxe unha xuntanza por videoconferencia con representantes do sector

16/06/20 | 11:07 | C. de Economía e Industria

Estudantes do IES Sánchez Cantón de Pontevedra gañan a fase galega do certame de Proxectos Espaciais Cansat

O proxecto dos alumnos do centro educativo pontevedrés proclamouse finalista entre 14 equipos e participará na fase nacional desta competición promovida pola Axencia Espacial Europea

14/06/20 | 12:17

A Cidade da Cultura recupera as actividades con público con tres concertos de balde polo Día da Música

Trátase da primeira programación cultural presencial no Gaiás, tras a cancelación deste tipo de actividades pola alerta sanitaria da covid-19

13/06/20 | 12:30

Román Rodríguez destaca o traballo da Federación de Librarías para lograr que a Feira do Libro de Santiago sexa a primeira en España tras o confinamento

O conselleiro de Cultura e Turismo destacou este aspecto na inauguración da 39ª Feira do Libro de Santiago, convidando a todo o mundo a mercar libros, para devolverlle aos autores e editoras “a súa xenerosidade durante o confinamento”

12/06/20 | 16:30

A Xunta e o Museo do Pobo Galego asinan un convenio para deseñar a museografía que se estreará tras a ampliación

Román Rodríguez e Justo Beramendi renovaron o acordo anual entre ambas institucións, que nesta ocasión inclúe unha partida adicional de 200.000 euros