Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Infraestruturas:

25/06/20 | 14:04

Román Rodríguez convida á cidadanía a impulsar a reactivación do libro na inauguración da 46ª edición da Feira de Vigo

O conselleiro de Cultura e Turismo destaca a gran tradición literaria da cidade desde fitos como a impresión de ‘Cantares gallegos’ ao ‘boom’ da novela negra

25/06/20 | 13:28

A Xunta salienta a capacidade da MITEU para fomentar a cultura en Ourense ao longo dos últimos 25 anos

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación desta cita que este ano se celebra con 15 espectáculos

24/06/20 | 11:47

Un total de 25 aspirantes optan a unha das cinco estadías artísticas nos Estados Unidos ofertadas pola Xunta e Fulbright

Os beneficiarios realizarán estudos e investigacións durante o curso 2020-2021 en centros estadounidenses de referencia

23/06/20 | 12:44

A Cidade da Cultura organiza este serán unha andaina para recoller herbas de San Xoán nos espazos naturais do Gaiás

A ‘Andaina feiticeira’ ten prazas moi limitadas para cumprir coas medidas de seguridade sanitaria e están todas xa cubertas

23/06/20 | 12:19

O CDG retoma a actividade pública do Salón Teatro coa estrea da coprodución ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’

O espectáculo de Verdeveras Expresións Artísticas, creado e interpretado por María Ángeles Iglesias, poderá verse en Santiago o sábado 4 de xullo, ás 20,30 h., e o domingo 5, ás 19,00 h.

22/06/20 | 14:49

A Xunta refírese á Feira do Libro de Vigo como unha cita fundamental para reactivar o sector editorial

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na cidade olívica na presentación desta cita anual de referencia para escritores e lectores

22/06/20 | 13:34

O Gaiás programa tres concertos de música clásica que comezan o sábado coa mezzosoprano Nuria Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo

‘Matinais clásicas’ propón unha viaxe desde o clasicismo de Mozart á música contemporánea galega de Joam Trillo, pasando por Crussel, Schubert ou Soutullo

21/06/20 | 14:18

O Gaiás celebra o Día da Música con concertos con público de El afecto ilustrado, FAIA e Chisme, que tamén emite por streaming

Trátase da primeira programación presencial da Cidade da Cultura na nova etapa poscovid-19 e conta cun estrito protocolo de medidas de seguridade sanitaria

19/06/20 | 22:02

Román Rodríguez asiste ao espectáculo 'Dreaming Juliet', a primeira estrea de teatro galego da etapa poscovid

A produción conta co apoio da Xunta de Galicia a través das axudas á creación escénica en teatro, novo circo e maxia que convoca a Consellería de Cultura

19/06/20 | 13:35

O Gaiás exhibirá obras de Francia, Alemaña e Portugal na mostra máis ambiciosa sobre a Xeración Nós con máis de 300 pezas

Medio cento de institucións e coleccionistas privados contribuirán nun proxecto colectivo chamado a ser unha das grandes citas culturais do ano en Galicia