Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

30/06/20 | 14:14

O Centro Dramático Galego apoia a participación de Paula Carballeira no Torneo de Dramaturxia do Teatro Español

A unidade teatral da Xunta de Galicia colabora con esta iniciativa do espazo escénico madrileño e a produtora LaZona, no marco do seu impulso á autoría teatral contemporánea

30/06/20 | 13:26

O Gaiás reactiva no verán o seu programa de visitas guiadas con prazas limitadas e catro xeitos distintos de coñecer o complexo

En xullo, agosto e setembro, estas visitas guiadas permitirán achegarse á arquitectura de Peter Eisenman, ao seu funcionamento e aos seus espazos verdes

30/06/20 | 12:50

A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol convocan a XIV edición do Premio de Narrativa Breve Repsol

O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o vindeiro 31 de xullo

30/06/20 | 12:00

A Xunta amplía as axudas ao talento audiovisual un 14% ata os 178.000 euros para chegar a 19 proxectos beneficiarios

O DOG publica a resolución pola que se introduce esta medida de apoio ao sector no marco do plan autonómico de reactivación da cultura

29/06/20 | 13:42

A Xunta convoca a III edición do premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

O galardón, que terá unha dotación económica de 3.000€, busca promover a produción de pensamento sobre esta materia en lingua galega

27/06/20 | 21:33

A Xunta pón en valor as composicións clásicas e relixiosas no marco do XII Ciclo de Música de San Martín de Barcia de Mera

A cita anual que arrancou hoxe en Covelo adaptouse á situación sanitaria para ofrecer seis concertos entre os meses de xuño e setembro

27/06/20 | 19:00

A Xunta participa na Estrada na presentación de dúas obras de Manuel García Barros

O secretario xeral de Política Lingüística tomou parte neste acto no que se deu conta de dúas novidades editoriais que poñen de actualidade ao senlleiro escritor e xornalista estradense

27/06/20 | 13:15

O Museo Gaiás abre cun recital da mezzosoprano Nuria Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo o programa das súas ‘Matinais Clásicas’

Este novo ciclo de música clásica para as mañás dos sábados continuará o 4 de xullo cun concerto de M. Sancho Quartet e pechará o 11 de xullo co regreso aos escenarios da Real Filharmonía de Galicia, tralo parón obrigado pola covid-19

26/06/20 | 12:58

A Xunta e a Real Academia Galega de Belas Artes levarán unha mostra sobre o Camiño de Santiago ás sete cidades galegas

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, asinaron un convenio que permitirá levar a cabo dous proxectos centrados no ámbito xacobeo

25/06/20 | 14:36

A MIT de Ribadavia conta coa colaboración da Xunta para unha 36ª edición ao aire libre e con gran protagonismo galego

O director da Agadic participou na presentación do programa, que desenvolverá 24 representacións e actividades paralelas do 17 ao 27 de xullo