Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

06/07/20 | 13:41

A Xunta colabora co Concello da Pobra do Brollón para levar a cabo a segunda campaña arqueolóxica en os conventos

A Consellería de Cultura achegará máis de 18.500 euros para a contratación do equipo multidisciplinar que comezará a traballar no xacemento a mediados de xullo

06/07/20 | 11:53

O Museo de Belas Artes acollerá en outubro ‘Vestir épocas’, unha mostra monográfica sobre a evolución da moda

A colección tratará de achegar á cidadanía os usos e costumes asociados aos séculos XIX e XX a través de vestimentas, traxes e pezas de indumentaria

06/07/20 | 11:49

A Xunta incorpora a Biblioteca Municipal do Concello de Barro á rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Trátase dunha dotación cultural equipada con 31 postos de lectura que conta con unha zona multiusos que se emprega como sala de estudos e actividades

05/07/20 | 11:34

Os museos da Xunta de Galicia reprograman as súas actividades cun amplo abano de contidos para o segundo semestre do ano

As dotacións culturais recuperarán algunhas das exposicións que se viron afectadas tras o cese da actividade por mor da crise sanitaria da covid-19

04/07/20 | 13:15

Román Rodríguez subliña que a preparación, a seguridade e a hospitalidade son os tres piares para a reactivación do Camiño de Santiago

O conselleiro de Cultura e Turismo participou no acto organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés para escenificar o relanzamento desta ruta

04/07/20 | 12:00

O Gaiás continúa os concertos das ‘Matinais Clásicas’ coa música de cámara para clarinete e trío de cordas De M. Sancho Quartet

O ciclo rematará o 11 de xullo cun concerto da Real Filharmonía de Galicia, que retoma na Cidade da Cultura as actuacións presenciais tralo parón pola covid-19

03/07/20 | 12:18

A Xunta abre o prazo de solicitudes para participar como profesor-lector en universidades españolas e internacionais

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria polas que se renovan os lectorados de lingua, literatura e cultura galegas das universidades de Bangor, Autónoma de Barcelona, Cork, Kiel, Miño e Deusto

03/07/20 | 12:11

A Xunta licita por 342.000€ a restauración da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, unha das xoias da Ribeira Sacra

O templo, que goza do máximo nivel de protección desde 1931, será intervido nas súas cubertas e muros para corrixir as súas humidades e filtracións

02/07/20 | 12:43

A Cidade da Cultura aposta por grupos galegos e por un formato máis reducido para a décima edición de ‘Atardecer no Gaiás’

O ciclo celebrarase desde o 9 de xullo ao 3 de setembro os xoves con entrada de balde para a que será preciso inscrición previa en cidadedacultura.gal

02/07/20 | 11:13

A Rede Galega de Música ao Vivo da Xunta retoma a actividade con 250 concertos ata fin de ano nas 20 salas asociadas

Aumenta nun 22,6% a súa oferta anual, que se concentra no segundo semestre tras a reprogramación das citas adiadas pola declaración do estado de alarma