Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

10/07/20 | 12:54

A Xunta impulsa a chegada a Galicia do II ‘Camiño escena norte’ de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco

Asinouse o convenio de colaboración para o desenvolvemento deste programa de teatro e danza en sete localidades galegas do Camiño do Norte entre o 13 de setembro e o 11 de outubro

10/07/20 | 12:21

A Cidade da Cultura pecha os concertos das 'Matinais clásicas' coa volta aos escenarios da Real Filharmonía de Galicia

Será a primeira actuación presencial da orquestra tralo parón da temporada obrigado pola covid-19, para a que xa están esgotadas as entradas-convite

09/07/20 | 13:33

O Salón Teatro acolle Microspectivas dun marica millennial, coprodución de Incendiaria co Centro Dramático Galego

A montaxe, dirixida por Vanesa Sotelo e interpretada por Davide González, terá unha única función mañá venres, ás 20,30 h., no marco do festival USCénica

09/07/20 | 13:24

Anxo M. Lorenzo destaca a Maruxa Seoane como figura clave na recuperación de parte do legado cultural de Galicia

O director de Políticas Culturais da Xunta participou no acto de apertura da mostra ‘Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López’ na Fundación Granell

09/07/20 | 12:49

A Xunta impulsa 19 novos proxectos audiovisuais coa resolución da convocatoria ampliada das axudas á promoción do talento

Con esta medida, contemplada no Plan de reactivación cultural, contribúese á escrita de oito guións e á realización de oito curtas e de tres longametraxes de dirección novel

09/07/20 | 10:57

A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaboran para rehabilitar a Casa do Pobo e destinala á Casa da Música

O conselleiro de Cultura e Turismo e a alcaldesa da localidade pontevedresa asinaron un convenio cun investimento de 300.000 euros

08/07/20 | 13:18

'Atardecer no Gaiás' bota a andar mañá coas íntimas e vitalistas composicións de Fon Román, o ex guitarrista de Los Piratas

O concerto ten xa esgotadas as entradas-convites, ao igual que o de Verto e o de Xoana, que se celebrarán os vindeiros 16 e 23 de xullo, respectivamente

08/07/20 | 12:00

A Xunta amplía en máis do triplo a dotación do programa cultura no Camiño 2020 para chegar a concellos de toda Galicia

O DOG publica hoxe a reformulación destas subvencións que, no marco do plan de reactivación do sector cultural, aumentan o seu orzamento de 230.000 a 750.000 euros e se estenden a todos os municipios

06/07/20 | 16:43

Máis de 60 persoas participarán este ano nas bolsas formativas da Xunta para bibliotecas, arquivos e museos

Están destinadas a actividades formativas relacionadas cos procesos técnicos que se realizan nestas dotacións culturais xestionadas polo Goberno galego

06/07/20 | 14:48

A Xunta facilita a reprogramación de máis do 90% das funcións da Rede de Teatros e Auditorios suspendidas no estado de alarma

A flexibilización da súa normativa permitiu incorporar a meirande parte destas actuacións á carteleira do segundo semestre do ano, que acollerá preto de 340 citas escénicas e musicais en 39 concellos de toda Galicia