Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

16/09/20 | 17:26 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta contrata preto de 2.000 novos profesores que se incorporarán ao sistema público neste curso

Educación amplía a plantilla de docentes, máis de 1.100 deles para ESO, Bacharelato e FP, para reforzar a seguridade nas aulas e cumprir co compromiso de atender as necesidades de profesorado expostas polos centros

16/09/20 | 11:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.322 casos activos por coronavirus

Un total de 15.829 pacientes xa están curados

16/09/20 | 11:04 | C. de Sanidade

Sanidade recibe máis de 1,8 millóns de euros para financiar a contratación de 21 novos profesionais de distintos perfís orientados á investigación sanitaria

Trátase dunha concesión de fondos enmarcados na convocatoria estatal Acción Estratéxica en Saúde 2020 do Instituto Carlos III

16/09/20 | 10:26 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta achega o vixésimo quinto envío de material de desinfección e de protección contra a covid ás entidades que prestan servizos asistenciais na provincia de Ourense

Este novo reparto, integrado por preto de 127.000 equipamentos de protección individual, distribuirase entre 202 centros centros dedicados ao coidado de menores, persoas maiores ou con discapacidade

15/09/20 | 17:38 | C. de Sanidade

A Axencia de Órganos e Sangue chama a doar sangue á cidadanía, especialmente aos grupos A positivo e B positivo

Mensualmente, os hospitais galegos precisan ao redor de 10.000 doazóns de sangue para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial

15/09/20 | 14:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achegou nos últimos días 198.300 unidades de protección contra a covid-19 ás entidades que prestan servizos asistenciais na provincia de Lugo

O Goberno galego subministrou o material en 170 centros dedicados ao coidado de menores e de persoas maiores ou con discapacidade

15/09/20 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 1.904.784 unidades de protección aos centros sociais da área territorial de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación 988.490 luvas, 821.212 máscaras e 22.417 batas, entre diverso material protección fronte a COVID-19

15/09/20 | 11:39 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.301 casos activos por coronavirus

Un total de 15.651 pacientes xa están curados

14/09/20 | 11:42 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.264 casos activos por coronavirus

Un total de 15.440 pacientes xa están curados