Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

15/12/20 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de dezanove empresas presentan as súas ofertas para a execución do acceso á autovía autonómica AG-53 en sentido Ourense desde Dozón

Esta actuación foi licitada por máis de 1 millóns de euros e a obra conta cun prazo de execución de seis meses

15/12/20 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita os servizos de mellora e mantemento dos treitos interurbanos dos ríos da demarcación hidrográfica Galicia-Costa para os dous vindeiros anos por 5,6 M€, un 70% máis

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incrementa o orzamento do novo contrato con respecto ao actualmente vixente, incluíndo a posibilidade de prórroga por 3 anos máis, o que eleva o investimento ata os 14 M€

14/12/20 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reparación da cuberta das dársenas da estación de autobuses do Carballiño

A intervención conta cun investimento autonómico de preto de 11.000 euros e consiste na substitución dos máis de 250m2 da cuberta da zona central das dársenas e a da zona do encontro da mesma co edificio da estación

14/12/20 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de estabilización dun noiro na estrada PO-308 en Raxó, no concello de Poio

Os traballos teñen un prazo de execución dun mes e suporán un investimento superior aos 28.000 euros

14/12/20 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución dunha senda peonil na estrada AC-542, entre Carral e Ordes, para reforzar a seguridade dos peregrinos

Os traballos, cun investimento de preto de 48.000 euros, contan cun prazo de execución de dous meses

14/12/20 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Bastiagueiro e San Pedro, no concello de Oleiros

As tarefas inclúen a limpeza en distintos tramos destes ríos ao seu paso polas parroquias de Liáns, Perillo e San Pedro de Nós

13/12/20 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Dubra, Loureiro, rego do Souto e rego de Faxón, no concello de Val do Dubra

As tarefas de Augas de Galicia lévanse a cabo en tramos destes ríos no seu percorrido por distintos lugares das parroquias de Bembibre, Coucieiro e Niveiro

13/12/20 | 11:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/12/20 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Patrimonio Cultural autoriza á rexeneración do paseo da fronte marítima da Vila de Bouzas

A Dirección Xeral informa favorablemente á reconstrución do paseo, cuxa intervención comprende o tramo entre a praia do Adro e a estrada VG-20