Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

19/07/20 | 14:38 | C. do Medio Rural

A Xunta chama a fixarse no legado da Xeración Nós para marcar o rumbo da cultura galega de cara ao futuro

Román Rodríguez lembrou que o Goberno galego traballa nunha ampla programación que inclúe unha mostra itinerante e un congreso internacional

18/07/20 | 14:02

Román Rodríguez refírese ao novo Museo Sargadelos como un faro cultural que iluminará A Mariña e toda Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións asistiu hoxe á apertura da primeira fase do museo en Cervo que recolle a historia da fábrica de cerámica

17/07/20 | 21:03

Román Rodríguez destaca o protagonismo galego na nova edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións participou na inauguración da programación que inclúe 24 representacións e actividades do 17 ao 27 de xullo

17/07/20 | 13:50

Preto de 200 concellos benefícianse das axudas da Xunta para mellorar a oferta das súas bibliotecas e axencias de lectura

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución por un importe de 550.000 euros, que permitirá que estes centros se doten de novidades editoriais e completen as súas coleccións bibliográficas

17/07/20 | 12:32

A Xunta dá a coñecer os 40 creadores emerxentes galegos que participan en agosto no Gaiás no 'Encontro de Artistas Novos'

Presentarán o seu proxecto creativo na Cidade da Cultura, optando ademais a realizar unha intervención nas Torres Hejduk do complexo

17/07/20 | 11:21

A Xunta comezará en agosto o traslado de fondos do Arquivo provincial de Ourense á nova sede de San Francisco

O Goberno galego culmina o proceso de adxudicación dos traballos, que se prevé que rematen en setembro tras mover unhas 54.000 caixas de libros e documentos

16/07/20 | 14:10

A Xunta contribúe á programación escénica de Ourense con 25 funcións da súa rede no Teatro Principal e no Auditorio Municipal

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da carteleira coa que o Principal retomará a súa actividade a partir de setembro e que inclúe nove funcións no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios

14/07/20 | 13:34

La Fura dels Baus traerá o 29 de xullo á Cidade da Cultura o seu novo macroespectáculo sobre a loita contra a pandemia

‘NN (Nova Normalidade)’ conta coa actuación dun cento de cantantes, bailaríns e actores, entre eles máis dunha vintena de artistas galegos

13/07/20 | 14:02

A Xunta convoca o proceso de selección de 20 actrices e actores para os elencos das tres próximas producións do CDG

Levará a escena ‘O charco de Ulises’ baixo a dirección de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, ‘Terceiro acto’ con Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, e ‘Serva me, servabo te’ con Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta

13/07/20 | 13:29

Oito profesionais participarán este ano nas bolsas da Xunta para actividades formativas en museos

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a listaxe dos beneficiarios desta convocatoria posta en marcha polo Goberno galego para afondar nos coñecementos sobre os procesos técnicos que se realizan nas dotacións culturais