Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

21/12/20 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta culmina a modernización do transporte público de Ferrol e Betanzos o día 23 coa posta en marcha de 97 liñas que melloran os servizos e garanten o emprego a 71 condutores e acompañantes

Das novas liñas, que suporán un investimento da Xunta de máis de 840.000 euros anuais, 46 serán de autobús compartido e 40 baixo demanda, mellorando a cobertura de servizos destas áreas e na dos municipios de Ortigueira e Mañón

21/12/20 | 10:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
20/12/20 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/12/20 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 9 millóns de euros as obras do centro integral de saúde de Lalín, que empezarán a executarse en primavera e levarán aparellados máis de 170 empregos

As empresas interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 13 de xaneiro para presentar as súas ofertas, logo de que o anuncio previo de licitación permitise acurtar o procedemento de tramitación das obras

19/12/20 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/12/20 | 14:52

Trenor destaca que a nova senda peonil e ciclista na AC-116 permite que os veciños dispoñan dun itinerario continuo de 5,5 quilómetros ao longo desta estrada no municipio de Valdoviño

Habilitáronse 2,8 km de sendas na marxe dereita desta estrada, entre Riobó e Meirás, que supuxo un investimento superior aos 800.000 euros

18/12/20 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta porá en servizo o vindeiro día 23 os 5 novos contratos que completan a renovación integral do transporte público na provincia de Lugo

Os servizos previstos nestes contratos conectarán Begonte e Guitiriz, Riotorto e A Pontenova, Pantón e O Saviñao; ademais de Lugo con Santiago e con Ferrol e A Coruña

18/12/20 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina un convenio co concello de Gondomar polo que Augas de Galicia continuará a facerse cargo da explotación da depuradora municipal

O Concello de Gondomar renunciou a facerse cargo das instalacións, que son de titularidade municipal, ao igual que a competencia en depuración

18/12/20 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a execución da nova cuneta de seguridade na autovía AG-64 ao seu paso polo concello das Pontes

A intervención supuxo un investimento de máis de 583.000 euros e centrouse no treito comprendido entre os puntos quilométricos 35+300 e 36+700, mellorando o entorno, a situación ambiental e a seguridade viaria

18/12/20 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras da senda entre Bagüín e Seixo e remata o itinerario entre Coirados e Pardavila, en Marín, cun investimento total de case 1,4 M€

Ethel Vázquez avanza que o itinerario licitado hoxe, por case 675.000 euros, se iniciará no 2º trimestre de 2021 e rematará entre finais de ano e principios de 2022