Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Xacobeo:

30/05/22 | 15:14 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destaca o traballo do proxecto Vilas en flor a prol do embelecemento de Galicia e o seu importante potencial turístico

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, mantivo esta mañá unha reunión do traballo co director desta iniciativa, Pedro Calaza, na que lle trasladou o apoio do Goberno galego para o seu desenvolvemento e para favorecer a participación de máis municipios

30/05/22 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola calidade dos viños galegos para apoiar a proxección exterior do sector vitivinícola

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou hoxe na inauguración da 5ª edición do Salón Profesional do Viño en Galicia (Fevino), dedicada nesta volta aos viños no Camiño de Santiago con motivo do Xacobeo

28/05/22 | 15:08 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destaca a excelencia da formación no Centro Superior de Hostelería de Galicia como sinónimo de profesionalización no sector turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na cerimonia de graducación do alumnado do Centro Superior de Hostelería de Galicia

27/05/22 | 20:14 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destaca o enoturismo como motor de desenvolvemento sustentable do turismo na comarca de Valdeorras

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acudiu esta tarde á apertura das XI xornadas de portas abertas do Viño de Valdeorras, que terán lugar durante esta fin de semana no marco da iniciativa que se desenvolve ata o mes de xuño

27/05/22 | 15:02 | A Presidencia da Xunta

A Xunta completa o programa Vexo Veo Xacobeo cun videoxogo a disposición dos colexios participantes

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de clausura do proxecto “Camiña con Clementina peregrina” en Caldas

25/05/22 | 19:00 | A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en valor a dinamización do turismo galego nunha conferencia internacional celebrada en Santiago

O Congreso organizado pola Asociación Internacional de Cooperación Turística (ASICOTOUR) ten lugar hoxe e mañá en Santiago

25/05/22 | 12:42 | A Presidencia da Xunta

A Xunta presenta o Festival O son dos arrieiros no marco dos concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa da presentación do Festival que nesta nova edición conta con artistas como Ortiga, A Banda da Loba ou Sleepy Space

25/05/22 | 11:44 | A Presidencia da Xunta

O CEIP A Xunqueira 2 de Pontevedra participa no programa 'Vexo Veo Xacobeo' para difundir o valor do Camiño entre os escolares

O delegado territorial, Luis López, participou, xunto a 70 escolares deste colexio público, nunha actividade consistente nun percorrido polo Camiño Portugués na cidade e un contacontos vencellado ao Ano Santo

24/05/22 | 15:44 | A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en valor o Camiño de Santiago como evento dinamizador da demanda cultural e turística de Galicia

Nava Castro participou na rolda de prensa de presentación do Congreso Mundial de Pastoral de Turismo, que celebra do 5 ao 8 de outubro en Compostela a súa VIII edición

24/05/22 | 13:49 | A Presidencia da Xunta

O Bono Turístico “Quedamos en Galicia 2022” ten adheridos 76 establecementos na comarca da Coruña

O delegado da Xunta visitou, esta mañá, O Pazo do Río, un dos locais dispoñibles na selección deste bono