Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Infraestruturas:

23/11/21 | 16:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Editorial Galaxia reeditan tres clásicos de Neira Vilas

O secretario xeral de Política Lingüística asistiu á presentación das novas edicións de ‘Camiño bretemoso’, ‘Remuíño de sombras’ e ‘De cando o Suso foi carteiro’

22/11/21 | 18:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemora o oitavo centenario de Afonso X cun novo libro, conferencias e mesas redondas

O volume editado polo Centro Ramón Piñeiro analiza de xeito transversal a relación do monarca con Galicia

19/11/21 | 15:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca a segunda convocatoria de probas Celga 2021 con preto de 1600 persoas inscritas

O IES Antonio Fraguas de Santiago e a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada acollen durante esta fin de semana as probas para a obtención do Celga 4 nas que están admitidas case 1.000 persoas

18/11/21 | 18:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Ramón Piñeiro celebra o 25 aniversario do seu Corpus Documental sobre a Galicia medieval

O ‘Corpus Documentale Latinum Gallicae’ foi un dos primeiros proxectos impulsados por esta entidade co obxectivo de reunir a información en lingua latina sobre este tema nunha soa plataforma web

17/11/21 | 18:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo impulsa o libro 'Matrias illadas', que recompila as fotografías e versos da mostra homónima en homenaxe ás mulleres

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación, que integra a mostra-homenaxe ás devanceiras das súas creadoras, Neves Seara e Tamara Andrés

16/11/21 | 15:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta unha edición facsímile da derradeira obra da poeta Luísa Villalta

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de ‘Luísa Villalta. As palabras ingrávidas’, editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

15/11/21 | 20:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e colectivo Egeria réndenlle unha homenaxe póstuma a Manuel Regueiro Tenreiro en Lugo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa no acto en memoria do que foi director xeral de Política Lingüística da Xunta entre 1989 e 2000

15/11/21 | 18:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo impulsa o ciclo de cine en galego ‘Cinegal’ que arrinca o venres

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación da iniciativa que terá lugar no Centro Sociocultural de Santa Marta os días 19 e 26 de novembro e 3 e 10 de decembro

12/11/21 | 20:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publica en galego a novela ‘Rúas de ida. Descubrindo a paixón polo viño’

O secretario xeral de Política Lingüística participou este serán na presentación do libro de Antonio Pardines e Manyo Moreira no que realidade e ficción se mesturan a través dunha ruta cultural e vinícola por Galicia

12/11/21 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A exposición 'Asinamos ser libres' promovida pola Xunta divulga a figura de Xela Arias en Boiro

O secretario xeral de Política Lingüística asistiu hoxe á inauguración da penúltima parada desta mostra itinerante, que permanecerá na vila ata o 28 de novembro