Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Economía:

30/03/21 | 11:17 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración abre a nova convocatoria de axudas para proxectos de galegos retornados emprendedores, cunha liña específica covid

Estas axudas poderán solicitarse dende hoxe ata o 30 de setembro, e suporán unha axuda de ata 8.000 euros para a posta en marcha dunha nova iniciativa e 3.000 no caso da liña de reforzo da actividade pola pandemia

26/03/21 | 14:44 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración coñece no concello de Boqueixón un proxecto empresarial en plataforma dixital dun galego retornado apoiado pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá o concello coruñés, acompañado do delegado da Xunta nesta provincia, Gonzalo Trenor, e do alcalde da localidade, Manuel Fernández Munín, recordando que en 2020 beneficiáronse un total de 94 emigrantes retornados a través das axudas de emprendemento, sendo 9 deles veciños dalgún concello da comarca de Santiago

24/03/21 | 17:05 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e o Igape analizan vías de colaboración e proxección económica cos empresarios galegos do Uruguai

Antonio Rodríguez Miranda trasladoulles a implicación da administración autonómica no apoio aos galegos do exterior así como a actual Estratexia Retorna

18/03/21 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia reclama en Bruxelas axilidade na transferencia dos fondos de compensación polo ‘Brexit’ para mitigar o impacto económico sobre a pesca

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia durante o 143º pleno do Comité das Rexións

18/03/21 | 14:06 | Secretaría Xeral de Emigración

O número de emigrantes galegos diminúe en 2.349, mentres se incrementou o número de descendentes nados no exterior ata sumar un total de 523.856

O aumento de cidadáns galegos residentes no estranxeiro ten a sua base na descendencia dos galegos nados xa no seu país de destino

15/03/21 | 15:24 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración coñece no Concello da Lama un proxecto empresarial internacional dun galego retornado apoiado pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá o concello pontevedrés, recordando que en 2020 beneficiáronse un total de 94 emigrantes retornados a través das axudas de emprendemento, sendo 11 deles veciños dalgún concello da comarca de Pontevedra

24/02/21 | 20:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta difundirá desde o próximo sábado nas súas redes o documental 'A memoria viva', sobre o Centro Gallego da Habana

Os secretarios da Emigración e Política Lingüística presentaron esta tarde a produción audiovisual do xornalista galego Pablo López, quen reconstruíu a historia deste edificio a través da memoria de varios dos seus membros