Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

05/05/22 | 15:48 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete supervisa as obras do Manuel Anxo Cortizo que, tras a cesión do contrato, avanzan a bo ritmo e estarán rematadas neste mesmo mes

As actuacións responden a un convenio de colaboración asinado pola Xunta de Galicia co Concello de Lalín por importe de máis de 700.000 euros

05/05/22 | 15:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca o ‘pasado, presente e futuro’ do motociclismo galego na presentación da primeira proba do mundial de enduro en Lalín

Lete Lasa lembra aos mellores pilotos galegos e lembra a proba do Campionato do Mundo de Enduro de 2019 en Santiago de Compostela, "tres anos despois e tras unha pandemia, o deporte galego segue acollendo grandes eventos e as licenzas de motociclismo duplicáronse"

03/05/22 | 17:53 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

A segunda edición da Liga Xunta de Galicia de Break bota a andar para ratificar o seu enorme éxito e coa mirada posta nos xogos de 2024 e 2028

O secretario xeral para o Deporte destaca que a Liga Xunta de Galicia de Break é o perfecto pulo para continuar loitando polas metas no canto dos deportes urbanos como son o Plan Director, a creación da Federación Galega de Baile Deportivo e a posibilidade de que algún galego ou galega acade a participación olímpica

29/04/22 | 14:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta participará na renovación das pistas de atletismo de Balaídos cunha achega de 3 millóns de euros

O secretario xeral para o Deporte remitiu esta mesma semana unha carta ao alcalde de Vigo trasladando a “conformidade cos termos xerais da nova instalación, incluídos os económicos” e reiterando “o carácter prioritario desta actuación” para a Xunta de Galicia

28/04/22 | 17:52 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a resistencia do deporte galego que permite que hoxe sigamos desfrutando de eventos tan importantes como o Trofeo Repsol

Salienta a evolución de licenzas da vela galega que na actualidade xa conta con 2.245, un 12 % máis que as cifras pre pandemia, e subliña nomeadamente o aumento maior no caso das mulleres, que incrementaron as súas nun 33 %

28/04/22 | 13:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

Máis de 2.700 alumnos de toda Galicia desfrutan no presente curso do 'Piragüismo na escola' grazas ao programa Xogade

As xornadas consisten na práctica deportiva do piragüismo nas dúas embarcacións tipo dragón adquiridass pola Xunta de Galicia en 2019 por importe de 26.953 euros

25/04/22 | 10:50 | Secretaría Xeral para o Deporte

Hoxe remata o prazo para os 116 equipos da segunda fase do Plan de Patrocinio con maior orzamento da historia

O prazo máximo para a presentación das solicitudes comezou o pasado 19 de abril e remata hoxe, día 25, para as entidades con equipos que participan en competicións onde as súas xornadas se disputan só en 2022

23/04/22 | 10:28 | Secretaría Xeral para o Deporte

Aberto o prazo da segunda fase do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia con maior orzamento da historia e 116 convidados

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será do 19 de abril ao vindeiro día 25 para as entidades con equipos que participan en competicións onde as súas xornadas se disputan só en 2022

22/04/22 | 15:48 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destaca o exemplo do finado Magín Froiz que, co seu traballo construíu “ao mellor equipo de ciclismo amateur de España”

O secretario xeral para o Deporte asegurou que o Froiz "demostra a excelente materia prima ciclista de Galicia"