Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

24/10/22 | 15:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Volven as ‘Quintas do Camões’ á sede do Centro Dramático para poñer o foco nas raíces comúns do galego e o portugués

Esta nova edición do ciclo, promovido xunto ao Centro Cultural Portugués do Instituto Camões en Vigo, comeza mañá no Salón Teatro de Santiago coa presentación da ‘Antoloxía do teatro galego contemporáneo’ pola Cena Lusófona

24/10/22 | 14:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca unha nova edición dos ‘Premios Galicia de Acción Voluntaria’ para recoñecer o labor de persoas e entidades no 2022

O certame premiará con 4.000 euros á persoa voluntaria do ano, á entidade de acción voluntaria e ao mellor proxecto, levado a cabo por unha organización de xeito individual ou por varias de maneira conxunta

24/10/22 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias celebra a “maioría de idade” da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia “en plena efervescencia cultural”

A delegada territorial de Xunta en Vigo deu a benvida ao director cultural da Biblioteca Nacional de España, Ángel Martínez Roger, que impartiu a lección inaugural do curso académico da ESAD

23/10/22 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O audiovisual galego leva a cabo ata seis rodaxes simultáneas este outono con financiamento da Xunta

Vén de rematar na Coruña a filmación de ‘Un pasado por delante’, primeira longametraxe de Olga Osorio, mentres que continúan as das segundas temporadas de ‘Rapa’ en Ferrol e ‘Los enviados’ en varias localizacións da provincia de Pontevedra e de Santiago

22/10/22 | 13:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dúas exposicións homenaxean a 'Fuxan os ventos' e a Florencio Delgado Gurriarán en Lugo

O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración de ambas as mostras que poderán visitarse de balde

22/10/22 | 12:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta superará os 160 centros de ensino no programa Radio na Biblio este curso

O prazo está aberto ata o 27 de outubro para que 30 novos centros se incorporen

21/10/22 | 19:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura no Museo Etnolóxico de Ribadavia unha exposición sobre ferramentas de loita contra os incendios

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, subliña que esta mostra contribúe a “entender, reforzar e enaltecer aínda máis o enorme traballo que desenvolven os bombeiros forestais”

21/10/22 | 14:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura reúne a obra de tres xeracións de artistas contemporáneos na exposición ‘De lugares e cousas. Colección de arte Banco Sabadell’

‘De lugares e cousas’ convídanos a explorar, a través da arte, os significados cos que dotamos os obxectos e os espazos nos que habitamos física e espiritualmente

21/10/22 | 13:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove a música galega no Womex de Lisboa cunha misión comercial de 12 empresas baixo a marca Galiciantunes

A delegación galega ofrece unha recepción internacional na que participa o director da Axencia Galega das Industrias Culturais e difunde os últimos traballos de máis de 30 artistas e formacións musicais cara aos 2500 profesionais acreditados