Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

27/11/21 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Augas de Galicia e o centro de supercomputación asinan a cooperación para ampliar a capacidade de predición do risco de inundacións da demarcación hidrográfica Galicia-Costa

Trátase de optimizar o sistema ‘Merlín’ de alerta temperá, a través da realización de cálculos intensivos dos datos hidrográficos, para aumentar a precisión das predicións do risco que se realizan nos ríos na demarcación de competencia da Xunta

26/11/21 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 544.000€ as obras para minimizar os riscos de asolagamento na contorna de Sabarís, no concello de Baiona

O obxectivo é acometer as actuacións necesarias para a mellora da drenaxe no camiño das Monxas e no camiño Pouquena, situados nas proximidades da desembocadura do río Groba e identificados como de risco potencial significativo de inundación

26/11/21 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colaborará co Concello de Ferrol executando as obras de saneamento do río Sardiña, que suporán un investimento de 900.000€ e rematarán a finais de 2022

Vázquez Mourelle salienta que estas obras, que a Xunta executará e financiará nun 70%, permitirán solucionar as deficiencias da rede de saneamento da conca do río Sardiña

25/11/21 | 17:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta confirma que se as analíticas realizadas na canteira de Varilongo arroxan incumprimentos iniciará o expediente sancionador que corresponda

Teresa Gutiérrez sinalou que Augas de Galicia, tras a notificación recibida por parte do 112, realizou analíticas o pasado 11 de novembro nas liñas de auga da empresa explotadora desta canteira situada en Santa Comba

24/11/21 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con axudas de preto de 72.000 euros obras de abastecemento, saneamento e depuración no concello de Trasmiras

O delegado territorial subliñou que na provincia de Ourense 67 concellos percibiron 95 axudas de Augas de Galicia que teñen como obxectivo mellorar os servizos de abastecemento, saneamento e depuración que son de competencia municipal

22/11/21 | 14:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 40.000 euros as obras de mellora do abastecemento en varios núcleos do concello de Castrelo de Miño

A intervención, cun prazo de mes e medio, ten como fin garantir o subministro de auga a varios lugares do municipio, así como a súa calidade, contribuíndo a paliar os problemas derivados da presenza de arsénico

20/11/21 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Sete empresas presentan as súas ofertas para as obras de mellora dos servizos de saneamento municipal en varios núcleos de Muíños, licitadas por 205.000€

O obxecto da actuación é modernizar o sistema de tratamento das augas residuais dos núcleos de Muíños e do Barrio e realizar reparacións nas depuradoras do Parque e de Pazos

19/11/21 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 93.000 euros as obras de renovación da rede de abastecemento de auga en Magros, no Concello de Beariz

O obxectivo é dotar dunha nova rede de abastecemento aos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo que asegure un caudal de auga mínimo ás vivendas e ás bocas da rega

18/11/21 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por máis de 3,8M€ as obras do saneamento de Celeiro para completar o tratamento das aguas na ría de Viveiro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliña que o Goberno galego inviste case 8 millóns de euros nesta actuación e na ampliación da depuradora municipal, cuxa entrada en funcionamento se prevé a comezos de ano