Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

14/08/20 | 11:48

A Xunta leva a música de O Fiadeiro a Soutomaior nunha nova cita do ciclo ‘Danza 3 Xacobeo 2021’

A charanga e os pandereteiros da agrupación viguesa actuarán este domingo, ás 21,30 h., na Alameda Talo Río de Arcade

13/08/20 | 21:31

Román Rodríguez presenta no Grove o novo libro fotográfico de Xurxo Lobato, Galicia é unha festa

O conselleiro de Cultura e Turismo cualifica a obra como un “magnífico relato fotográfico por 40 das nosas festas e entroidos máis sobranceiros”

13/08/20 | 14:48

A Xunta estende o programa Cultura no Camiño + a preto de 150 municipios dentro do plan de reactivación do sector

A versión ampliada do circuíto, que volve contar co patrocinio de Gadis, desenvolverase ata o 15 de setembro cunha previsión inicial de arredor de 450 citas

12/08/20 | 15:20

A Xunta ofrece formación a 20 titulados universitarios a través de bolsas en materia de arquivos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a listaxe de beneficiarios que desempeñarán o seu labor durante seis meses no Sistema de Arquivos de Galicia e nos servizos centrais da Consellería de Cultura e Turismo

12/08/20 | 12:41

Máis de 10.000 persoas solicitaron xa o bono turístico nos primeiros 15 días, cubrindo máis do 50% das prazas ofertadas

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións subliñou a boa acollida desta iniciativa, impulsada pola Xunta e o Clúster Turismo de Galicia

11/08/20 | 13:26

Román Rodríguez presenta o Resurrection Fest 2020, a edición “máis valente e necesaria para a Mariña”

A cita terá lugar entre o 21 e o 30 de agosto e contará cunha parte presencial, que se desenvolverá entre estritas medidas de seguridade, e outra online

10/08/20 | 14:47

A Xunta inviste preto de 90.000 euros nunha trintena de accións de formación e capacitación profesional no ámbito cultural

Canalízanse mediante cadanseu convenio de colaboración coas asociacións Agapi, Agatec, AGEM e Escena Galega para reforzar os seus respectivos proxectos formativos dentro do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico

07/08/20 | 12:00

A Xunta subvenciona 29 proxectos de creación escénica con 800.000 euros, un 23% máis que o ano pasado

A Consellería de Cultura e Turismo publica na web da Agadic a relación das compañías beneficiarias ao abeiro desta convocatoria, que introduciu nas súas bases importantes novidades consensuadas co sector

06/08/20 | 17:24

A comisaria do Xacobeo 2021 recibe a José Manuel Calderón na última etapa de ‘El camino acaba en Obradoiro’

O ex xogador da NBA chegou hoxe a Compostela tras percorrer o Camiño de Inverno no marco desta iniciativa impulsada por Monbús Obradoiro e a Xunta

06/08/20 | 16:56

Román Rodríguez resalta o intenso traballo interadministrativo e o investimento de 5 M€ realizado pola Xunta na Vía da Prata

Expuxo estas cuestións na presentación dun estudo de avaliación sobre o potencial desta ruta realizado polo Grupo de Análise e Modelización Económica da USC co apoio da Deputación de Ourense e o Consello Económico e Social de Galicia