Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

28/08/20 | 16:40

A Xunta porá en valor no Gaiás a cultura urbana feita por mulleres en Galicia nunha xornada de faladoiros e jam pictórica

'Mulleres e cultura urbana’ celebrarase o 12 de setembro no marco do ‘II Delas Fest. Festival feminista de arte urbana e contextual’

27/08/20 | 15:11

Lola Correa nomeada nova directora de ‘Escenas do cambio’, o festival de teatro, danza e arte en acción do Gaiás

A xestora cultural dirixirá o certame de inverno da Cidade da Cultura, un dos máis vangardistas de Galicia e que conta cun nome propio no circuíto europeo

27/08/20 | 13:53

A Xunta renova o seu apoio económico a Culturgal para unha versión adaptada da feira que primará a calidade e a utilidade

A Consellería de Cultura e Turismo repite como patrocinadora principal do evento, que desenvolverá a súa décimo terceira edición do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

27/08/20 | 12:38

A Xunta de Galicia reúne 50 grupos e solistas galegos nas gravacións do novo programa musical ‘Galicia Emerxe’

Román Rodríguez presentou hoxe o arranque dos concertos para esta produción audiovisual, a través da que a industria musical galega contará cunha achega de 500.000 euros no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico

26/08/20 | 13:13

A Xunta abre a convocatoria dunha nova liña de subvencións de impulso ao sector escénico cunha dotación de 500.000 euros

Con esta medida do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico, elévase a máis de 1,5 millóns de euros o investimento extraordinario realizado ata o momento no ámbito das artes escénicas para paliar os efectos da crise sanitaria

25/08/20 | 13:54

Román Rodríguez subliña o esforzo do Festival de Cans para adaptarse sen perder de vista os seus elementos máis icónicos

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións participou na presentación da 17ª edición do evento, ao que a Xunta achega máis de 40.000 euros a través das axudas a certames audiovisuais e do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

24/08/20 | 14:19

A Xunta contribúe ao 10º aniversario de 'Corpo(a)terra' co espectáculo de drons ‘Pedras nas luces’ e as axudas a festivais

O director da Agadic participou na presentación deste programa de danza e artes do corpo, que se desenvolverá en Ourense e Allariz do 26 ao 30 de agosto

24/08/20 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia galardoa aos gañadores do certame de declaracións de amor en galego 'Lingua de Namorar'

‘Retórica’ (Nee Barros, Marín), ‘Primavera’ (Ana Loureiro, Caldas de Reis), ‘Ao altar’ (María Femenías, Foz), ‘Ataraxia” (Leticia Cid, San Cibrao das Viñas), ‘Un vinilo dos Dire Straits’(Denís Vicente, A Guarda) e ‘Fuxitivas’ (Silvia Pérez, A Guarda) fixéronse cos galardóns da novena edición

24/08/20 | 12:36

A Xunta apoia 40 creadores emerxentes galegos no 'X Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura' que hoxe arranca no Gaiás

Presentarán os seus traballos e aprenderán dos procesos creativos de artistas de renome como Oliver Laxe, Paula Rubio Infante, Chelo Matesanz e Carlos Aires

23/08/20 | 11:12

Máis de 90 intérpretes participan nas audicións do Centro Dramático Galego para as súas tres novas producións propias

A compañía da Xunta elaborou xunto co servizo de prevención de riscos un protocolo específico para cada unha das probas que, distribuídas en diferentes quendas, se desenvolverán no Salón Teatro de Santiago desde mañá luns