Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

23/09/20 | 16:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O festival Underfest celebra en Vigo a súa terceira edición como novo membro adherido á marca Fest Galicia promovida pola Xunta

Terá lugar en varios escenarios da cidade do 25 ao 27 de setembro, con artistas como Belako, Blanco Palamera, Rusowsky, Mori, Egosex ou Tito Ramírez

22/09/20 | 19:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo salienta a singularidade das obras de Xesús Carballido na apertura da mostra ‘Seica no Museo do Mar de Galicia’

O secretario xeral de Cultura e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron na inauguración da exposición

22/09/20 | 14:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CDG inicia temporada con tres novas producións que mudan modelos e prazos para aumentar a cooperación co sector

Trátase de ‘O charco de Ulises’, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, ‘Terceiro acto’, por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, e ‘Serva me, servabo te’, por Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta

22/09/20 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo destaca a capacidade do Festival Internacional de Ourense para impulsar a cultura audiovisual en Galicia

O secretario xeral de Cultura da Xunta participou hoxe na presentación da 25ª edición na que participarán 14 películas e 15 curtometraxes

22/09/20 | 10:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a reactivación das artes plásticas e visuais de Galicia a través dunha nova liña de axudas de 200.000 euros

Este novo apoio destínase a proxectos e investigacións con fins expositivos e divulgativos e os beneficiarios recibirán entre 5.000 e 7.000 €

21/09/20 | 14:29 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade subliña a importancia de traballar na sensibilización da mocidade sobre a doazón de medula ósea

No acto de entrega de premios aos gañadores do V Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea

21/09/20 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O 31º Festival de Teatro Galego 'Celso Parada' desenvolverase no Carballiño do 23 ao 26 de setembro co apoio da Xunta

Haberá funcións no Auditorio Municipal Manuel María, na Casa da Cultura e nas rúas da vila, así como distintas actividades en liña

21/09/20 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Centro Gaiás comeza a recibir as 300 pezas da gran exposición coa que a Xunta homenaxeará o legado da Xeración Nós

Entre as obras que se atopan xa na Cidade da Cultura para a mostra ‘Galicia, de Nós a nós’ está a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán que pertenceu a Ramón Otero Pedrayo, conservada no Pazo de Trasalba

20/09/20 | 10:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 250 xestores culturais participan no plan de formación en transformación dixital tras triplicar o seu número de prazas

A boa acollida da iniciativa, impulsada pola Xunta e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, obrigou a incrementar a oferta inicial

19/09/20 | 16:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura reflexiona sobre o presente e futuro da vangarda artística e cultural no WOS Talks x Fest Galicia

O Gaiás acolle hoxe a única actividade que o WOS Festival leva a cabo este ano, que se desenvolve en formato híbrido presencial e en liña, e como un dos 13 eventos que integran a marca da Xunta FEST Galicia