Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

02/02/21 | 16:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta insta á Dirección Xeral da Costa e o Mar a axilizar os trámites para poder avanzar na mellora da rede de saneamento e na execución dunha nova depuradora en Burela

Teresa Gutiérrez concreta que Augas de Galicia comezará este mes a supervisión do proxecto de mellora da rede de saneamento, cuxa redacción está case rematada

02/02/21 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca o selo social do Plan de Transporte Público de Galicia, que supón a modernización dos servizos e inclúe bonos con descontos de entre o 50 e o 75% do prezo dos billetes

O director subliña que a implantación do novo Plan, que vén de culminar, significou a renovación de 3.100 liñas de autobús, que prestan cada mes 300.000 servizos

02/02/21 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta considera que a transferencia a Galicia da AP-9 é "máis necesaria que nunca" para unha xestión eficaz, "pegada ao territorio" e máis acorde aos intereses dos galegos

Ethel Vázquez salienta que o Goberno galego vén defendendo desde o ano 2009 o traspaso á Autonomía da súa principal vía de comunicación

02/02/21 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avánzalle ao alcalde do Barco de Valdeorras a licitación no mes de marzo das obras de humanización da Avenida do Bierzo, cun investimento de preto de 815.000 euros

Actuarase nos primeiros 655 metros da estrada autonómica OU-622 para reforzar a seguridade viaria e facer máis humano e accesible este treito urbano

02/02/21 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba senllos plans de infraestruturas rurais para os concellos de Vilanova de Arousa e Ribadumia cun orzamento de 83.000€

Luisa Piñeiro informa aos alcaldes, nunha reunión telemática, de que ambas obras, consistentes na pavimentación e mellora de diversos camiños de ambos municipios, acaban de ser contratadas para a súa próxima execución

02/02/21 | 11:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/02/21 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta demanda que o Goberno manteña en 2021 o Fondo de Compensación ao sector do transporte público ao rexistrar unha caída da demanda de ata o 80%

Ethel Vázquez salienta que a Xunta xa se dirixiu ao Ministerio para solicitalo de xeito oficial, logo de avanzalo en decembro na Conferencia Sectorial, e outras comunidades comparten a postura

01/02/21 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor recolle as propostas do alcalde de Coristanco de humanización da travesía de San Roque e de mellora da EDAR de Vilaverde

O delegado da Xunta e o rexedor mantiveron un encontro de traballo para estudar proxectos de colaboración

31/01/21 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a elaboración do novo Plan galego de saneamento, cun investimento de máis de 1,7 millóns

Esta ofertas preséntanse a través de 5 UTE, o que supón un total de 12 empresas participantes

31/01/21 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de roza e limpeza en novas estradas das provincias de Ourense e de Lugo

Comezarán os labores na OU-540A entre a cidade de Ourense e A Madalena; e na OU-121 no Barco de Valdeorras e Prada