Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

29/09/20 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publica o epistolario de Florentino López Cuevillas no marco do centenario da Xeración Nós

A obra, presentada hoxe polo secretario xeral de Cultura, recolle a correspondencia do integrante da Xeración Nós entre o ano 1925 e 1958

27/09/20 | 11:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta patrocina a gran jam session de catro horas coa que Lugo conmemora o 30º aniversario do seu Festival de Jazz

O evento ten lugar hoxe, desde as 13,00 h na escalinata do Pazo Episcopal da capital lucense e preséntase como a maior cita deste tipo celebrada en España

25/09/20 | 19:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo do Viño de Galicia acolle a súa primera exposición temporal que afonda na relación do viño e a ruta Xacobea

Divulga a presenza do viño no Camiño de Santiago ao longo do tempo a través de referencias mobles, literarias e gastronómicas e poderase visitar ata abril de 2021

25/09/20 | 15:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Fundación Camilo José Cela retoma a súa actividade expositiva coa mostra ‘Camiños (IN)certos’ como antesala do Xacobeo 2021

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da mostra que poderá verse ata o 22 de xaneiro

25/09/20 | 12:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O 80% das medidas do Plan de Reactivación cultural da Xunta fronte aos efectos da covid-19 xa están en marcha

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, anunciou hoxe na Comisión 4ª do Parlamento unha campaña de fomento da cultura segura

24/09/20 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta dá un paso máis no calendario lexislativo coa aprobación de tres novas leis en materia de acción exterior, residuos e museos

Feijóo sinala que a Lei de acción exterior persigue a diversificación dos mercados exteriores e favorecer o retorno dos emigrantes e os seus descendentes

24/09/20 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Arquivo de Galicia celebra o seu décimo aniversario coa exposición ‘Memoria dunha década’

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe esta mostra que fai un percorrido polo traballo desta entidade desde a súa creación

24/09/20 | 12:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ensalle estrea en Vigo o proxecto docu-escénico 'Outras miradas' en coprodución co Centro Dramático Galego

O espectáculo poderase ver desde mañá e ata o 27 de setembro ás 21,00 h. no escenario da rúa Chile

23/09/20 | 16:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a xornada ‘Coruña Dixital Lab’ na que compañías e axentes galegos do ámbito da creación dixital abordarán os novos modelos de negocio

Organizada por ‘Mundos Digitales’, desenvolverase mañá xoves na sede de Afundación, na Coruña, a partir das 19.00 h.

23/09/20 | 16:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o seu compromiso co sector do libro galego na presentación de 'Volta ao libro'

A iniciativa inclúe o percorrido de nove ciclistas polas sete cidades galegas co obxectivo de impulsar a dinamizar a actividade en 70 librarías