Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

05/02/21 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto para actuar nun treito de concentración de accidentes na estrada PO-551 na parroquia de Darbo, en Cangas

O DOG publica hoxe o anuncio de inicio deste procedemento mediante o que os interesados poderán formular observacións ao trazado ata o vindeiro 22 de marzo

05/02/21 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que a Xunta contribúe coa maior achega de fondos propios a financiar a nova depuradora de Santiago, 11 M€ que mostran o seu compromiso co saneamento en Galicia

Vázquez Mourelle destaca o apoio “sen condicións” da Administración autonómica a este proxecto de Interese Xeral do Estado, achegando o 19% do total de 56 M€

05/02/21 | 11:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación da transferencia a prol do Concello de Guitiriz da estrada LU-241, que coincide na súa totalidade coa rúa Rosalía de Castro

A vía autonómica, de 210 metros de lonxitude, parte da N-VI e remata na súa intersección coas rúas do Ferrocarril e Xermolos

04/02/21 | 16:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adecúa a oferta de servizos de transporte interurbano ás restricións de mobilidade

O transporte público manterá as expedicións destinadas á mobilidade dos estudantes, do persoal sanitario e doutros colectivos de traballadores

04/02/21 | 14:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega ao Concello de Marín o novo colector e estación de bombeo coas que se mellora o saneamento da ría de Pontevedra, tras un investimento autonómico de 3,1 M€

O Concello asume a titularidade e o mantemento destas infraestruturas, que contribúen ao bo funcionamento do sistema de saneamento municipal

04/02/21 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba Plans de Infraestruturas Rurais para os concellos de Lalín, Rodeiro e Dozón cun investimento de 120.000€

As obras consistirán no reforzo da plataforma en varias pistas da capital dezá, a mellora de camiños en Vistuíde e a dotación de nova pavimentación en diversas vías do lugar da Gouxa

04/02/21 | 11:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/02/21 | 12:47

A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia aproba o proxecto da estación de autobuses da intermodal da Coruña

Tras recibir hoxe o visto e prace do órgano urbanístico sen ningún voto en contra, poderá elevarse ao Consello da Xunta para a súa aprobación

03/02/21 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 3,6 M€ a colaborar con todos os concellos lucenses na mellora dos camiños municipais

O delegado territorial, Javier Arias, explica que ata o 1 de marzo poden presentarse solicitudes ao abeiro da nova convocatoria, que incrementa o investimento na provincia nun 20%

03/02/21 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas