Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

02/10/20 | 20:58 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social apoia a estrea da curtametraxe galega ‘Lilith’, que dá visibilidade ás persoas que teñen a súa autonomía limitada

A Cidade da Cultura acolleu a primeira proxección deste filme que relata o día a día de nove mulleres que forman parte da federación

02/10/20 | 19:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC recupera a mostra 'Caosmos' de Antón Patiño, adiada en marzo debido a emerxencia sanitaria da covid-19

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, presentou publicamente a exposición que repasa as distintas etapas da traxectoria deste artista monfortino

02/10/20 | 12:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica os valores da Xeración Nós, fiel a un galeguismo de concordia e onde se atopan as orixes culturais "da Galicia que somos"

Lembra que, a partir dese fito que marca aquela congregación de talento e empuxe, a cultura galega ten un lugar relevante e imprescindible na sinfonía das grandes culturas do mundo

01/10/20 | 11:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Paula Cons recibe o Premio Xacobeo do Festival OUFF polo filme 'A illa das mentiras'

O secretario xeral de Cultura da Xunta participou hoxe na presentación deste galardón que recoñece a mellor produción galega do festival con 12.000 euros

01/10/20 | 11:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 120.000 euros en subvencións para promover o talento musical galego a través da produción fonográfica

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria desta liña de axudas para contribuír á realización de 20 proxectos de edición discográfica ou videográfica

30/09/20 | 20:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo do Mar amosa a dimensión artística da vida e a obra de Man de Camelle na mostra 'Museo (do ermitán) Man'

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, inaugurou a exposición na que se recolle a creación artística do alemán entre os anos 1969 e 1978

30/09/20 | 17:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellorará e aumentará o espazo de almacenaxe e depósito da Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Vense de licitar por 60.000 euros a subministración e instalación de armarios móbiles cos que se mellorarán as condicións de conservación dos fondos

30/09/20 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Berta Dávila revalida o Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra 'Illa decepción'

O galardón, dotado con 12.000 euros e a publicación da obra por Galaxia, está convocado conxuntamente pola Xunta de Galicia e a Fundación Repsol

30/09/20 | 10:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAI e Filmoteca Española colaboran na recuperación e difusión da versión orixinal a cor de ‘Pontevedra, cuna de Colón’, primeira película polícroma española

A restauración será estreada mañá no madrileño Cine Doré e o 27 de outubro, Día Mundial do Patrimonio Audiovisual, na sala de proxeccións da filmoteca galega na Coruña

29/09/20 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Teatro do Atlántico celebra o seu 35º aniversario coa reposición no Salón Teatro de catro dos seus últimos espectáculos

A compañía de Xúlio Lago e María Barcala porá en escena entre o xoves 1 e o sábado 3 de outubro ‘Helena: xuízo a unha lurpia’; ‘A conquista da escola de Madhubai’ e ‘Dúas donas que bailan’