Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e a Comisión Europea abordan os retos demográficos da UE nos encontros virtuais da Fundación Galicia Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na segunda reunión do ciclo de encontros virtuais “FGE Next Generation Galicia” da Fundación Galicia Europa
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal busca simplificar a obtención do documento obrigatorio para vehículos de traballadores transfronteirizos
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na presentación do novo proxecto da iniciativa b-Solutions promovida pola Comisión Europea
A Xunta presenta ao sector pesqueiro os dous informes sobre os efectos do acordo do brexit que guiarán a estratexia de defensa de Galicia
Un deles é sobre as implicacións xurídicas, foi elaborado polo Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga e considera que o acordo comercial pode ser obxecto de control xudicial polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea
A Xunta impulsa a presenza das empresas galegas nos Estados Unidos cunha nova xornada e asesoramento en liña
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nun encontro dixital que contou con intervencións de representantes de entidades comerciais norteamericanas e de Abanca USA
Galicia resalta o labor das entidades rexionais e locais no traballo preliminar da conferencia sobre o futuro de Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión virtual da Comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións
A Xunta abre o prazo de inscrición da edición do programa 'TecEuropa' destinada a entidades locais
A Fundación Galicia Europa convoca unha nova edición do curso de especialización en financiamento comunitario, que se desenvolverá de xeito virtual en cinco sesións entre o 4 e o 12 de marzo
A AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal felicita ao Goberno portugués pola apertura de novos pasos fronteirizos no Alto Miño
A fronteira Melgaço-Arbo e Montealegre-Baltar reabriron hoxe desde as 06,00 ás 09,00 horas e pola tarde entre as 17,00 e as 20,00 horas
A Xunta asesora ás empresas galegas do sector agroalimentario para minimizar o impacto do brexit
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada en liña organizada en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) na que se abordaron os cambios en materia de impostos e aduanas
Galicia aposta por incluír a perspectiva demográfica no deseño das políticas europeas
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 142º pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde destacou a nova Lei galega de impulso demográfico como un elemento pioneiro e transversal na elaboración de políticas públicas e na asignación dos fondos estruturais
A AECT Galicia-Norte de Portugal leva a Bruxelas a petición de reapertura dos máximos pasos fronteirizos posibles da Eurorrexión
Reclama a apertura coas garantías dos medios necesarios para levar a cabo un control efectivo e dentro das dispoñibilidades de vixilancia