Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Xacobeo:

19/08/22 | 10:47 | C. do Medio Rural
12/08/22 | 22:00 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor na Feira do Viño de Monterrei o seu compromiso con este sector

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria salientou tamén a importancia da denominación de orixe Monterrei, así como o compromiso da Xunta coa calidade mediante ferramentas como a súa aposta pola recuperación das variedades autóctonas

12/08/22 | 14:11 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a necesidade de primar a calidade, a singularidade e a diferenciación no eido vitivinícola para asegurarse un futuro prometedor

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou na inauguración da adega Terras do Abelán, inscrita na denominación de orixe Rías Baixas

12/08/22 | 10:51 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para aqueles propietarios con cultivos danados polas medidas fitosanitarias dos organismos de corentena


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural coa convocatoria e as bases destas achegas, que contan cun orzamento inicial de 75.000 euros e que poderán solicitarse nun prazo de tres meses a contar desde mañá

09/08/22 | 11:47 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia da colaboración público-privada ao servizo das explotacións agrogandeiras de Galicia

José González puxo en valor o apoio da Xunta a esta empresa dende o inicio da súa actividade, así como o seu o crecemento “exponencial”, que lle permitiu converterse en referente na xestión de subprodutos cárnicos non destinados ao consumo humano nin animal

08/08/22 | 11:04 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Ribadavia unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre a produción vitívinicola

O curso impartirase do 16 ao 22 de agosto e terá unha duración de 20 horas de formación

08/08/22 | 11:03 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou máis de 4,2 M€ a impulsar en 2021 os produtos agroalimentarios galegos de calidade diferenciada

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe ata catro resolucións de axudas da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dando conta dos beneficiarios das respectivas convocatorias do ano pasado

06/08/22 | 11:16 | C. do Medio Rural

A Xunta declara o primeiro espazo agrario de experimentación na aldea modelo de Muimenta de Carballeda de Avia

Recollida na Lei de recuperación da terra, esta figura busca fomentar actividades agrarias innovadoras con técnicas de produción sustentables, que promovan a economía circular ou as cadeas curtas de comercialización
 

03/08/22 | 15:47 | C. do Medio Rural

A Xunta avaliará a posible creación dun polígono agroforestal na Mezquita para cultivo de cereal

A posibilidade de desenvolver esta figura da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia foi trasladada polo rexedor aos responsables da Consellería, que se comprometeron a estudar a súa viabilidade