Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

18/11/21 | 15:02 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destinará 157 M€ a axudas e actuacións directas para a rehabilitación de vivendas en 2022 para reforzar a aposta pola recuperación

Feijóo avanza que este financiamento vai xerar uns 360 M€ de investimento total, dos que se van beneficiar 16.000 familias galegas e vanse crear ao redor de 17.000 postos de traballo

15/11/21 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fai entrega de dúas vivendas de promoción pública no municipio de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, avanza a intención do Goberno galego de acometer o vindeiro ano o proxecto para construír outros 40 pisos no barrio de Garabolos

15/11/21 | 10:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sortea entre os seus adxudicatarios as 24 vivendas de promoción pública na rúa Canicouva no Concello de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu esta mañá o sorteo de asignación das vivendas no salón de actos da Delegación Territorial

11/11/21 | 15:41 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o inicio da tramitación da Lei de arquitectura de Galicia coa que a Comunidade se situará na vangarda de España no impulso da súa calidade

Feijóo afirma que a arquitectura é un ben de interese xeral que merece ser preservado, difundido e fomentado a través dunha lei específica

09/11/21 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estuda financiar o equipamento da vivenda comunitaria de Carballeda de Avia para que o concello a poña canto antes en funcionamento

O obxectivo é desbloquear a situación desta infraestrutura de titularidade municipal que, anos despois da súa construción, a Administración local aínda non puxo en marcha

09/11/21 | 12:38

A Xunta inicia o procedemento para adxudicar unha vivenda de promoción pública no concello de Culleredo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que dá comezo a selección do futuro adxudicatario deste inmoble, dispoñible de novo tras quedar vacante

08/11/21 | 12:24

A Xunta presenta ao Concello da Rúa os programas de rehabilitación cos que ofrecer opcións de vivenda aos veciños

Ángeles Vázquez salienta que existen varios programas pensados para os municipios máis pequenos e destacou un novo programa de préstamos de apoio ás entidades locais, dotado con 3 millóns de euros

05/11/21 | 13:40

A Xunta destinará o próximo ano 160 M€ a impulsar a rehabilitación residencial, facilitar o acceso á vivenda e favorecer a implantación de empresas en Galicia

Anuncia que o próximo ano o IGVS impulsará a construción de preto de 250 novas vivendas protexidas nas cidades da Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra e Lugo

05/11/21 | 11:46

A Xunta amplía ata os 2,2 M€ a convocatoria do programa Rexurbe para comprar este ano o maior número de inmobles na Coruña, Tui e Ribadavia

O DOG publica hoxe a resolución pola que se acorda aumentar o importe máximo e facer unha nova distribución de fondos da oferta pública do Instituto Galego da Vivenda e Solo para mercar edificios nos núcleos históricos destes concellos

04/11/21 | 13:19

A Xunta e Porto do Son analizan vías de colaboración en materia de vivenda e solo empresarial

Heriberto García indica que o Concello pode acudir ao programa Fondo de Cooperación para rehabilitar inmobles de titularidade municipal e facilitar vivenda pública