Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Arias destaca no Día Mundial da Saúde Mental o reforzo dos recursos da Xunta para estas doenzas
O delegado territorial de Lugo participou nos actos da Asociación Saúde Mental da Mariña con motivo da xornada, centrada na afección á infancia e á xuventude
A Xunta reforza as políticas de prevención na saúde mental coa posta en marcha dun novo Protocolo contra o risco suicida na infancia
O Plan, deseñado polas consellerías de Educación e Sanidade, recolle a creación dunha vía rápida de derivación para o alumnado de risco moderado, coordinando centros escolares, 061, atención primaria e servizos de saúde mental
Xunta e Concello de Noia asinan o convenio para a construción dun novo centro de saúde cunha superficie de máis do dobre do actual
O novo inmoble permitirá incorporar tres novas salas de técnicas, unha consulta de hixienista dental ou a base do 061
Galicia rexistra un total de 1.605 casos activos por coronavirus
Un total de 673.862 pacientes xa están curados
A Xunta incrementará en máis dun 50% o investimento para o Programa Galego de Vacinación nos Orzamentos de 2023
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou, na XXIII Xornada Central de Formación en Vacinas, un incremento de 10 millóns de euros nesta partida ata acadar os 28,9 millóns
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía galega doar nas xornadas previas ao festivo do 12 de outubro
As unidades móbiles de ADOS visitarán esta semana máis de 40 concellos galegos co obxectivo de garantir o adecuado abastecemento de compoñentes sanguíneos dos nosos centros hospitalarios
Fernández-Tapias participa na xornada informativa da asociación doa polo Día mundial da Saúde Mental
A delegada territorial de Xunta en Vigo destacou a importancia da “busca de solucións para un problema que afecta especialmente en idades temperás”
A Xunta actualiza o seu protocolo sanitario ante casos de submisión química tras incorporar as achegas do Observatorio galego para a violencia de xénero
Así o sinalou o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, na Comisión 5ª do Parlamento
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorpora unha nova Unidade de Conduta Suicida no centro de especialidades da Casa do Mar de Mollabao
As actuacións de reforma e equipamento no andar baixo deste centro sanitario consistiron na habilitación de 4 novas consultas, que contan cunha sala de espera para pacientes, nuns espazos aos que se accede directamente desde o vestíbulo principal de entrada