Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

08/10/20 | 13:49

Portos de Galicia continuará a tramitación da dragaxe do Lérez coa maior celeridade e con todas as garantías ambientais

A presidenta do ente público respondeu a unha pregunta sobre a tramitación desta actuación na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia

08/10/20 | 13:10

Portos abre un novo procedemento de outorgamento de prazas de amarre náuticas por vía telemática

Os usuarios que actualmente se atopan en lista de espera terán un prazo exclusivo para presentar de novo a solicitude e obter un posto preferente

05/10/20 | 16:17

Portos de Galicia consensúa coas asociacións náuticas as accións promocionais de cara ao Xacobeo 21

O ente público coordinará unha travesía do Camiño por mar con Northmarinas, Asnauga e Marinas de Galicia

02/10/20 | 11:58

Portos de Galicia tramitou melloras nos peiraos autonómicos por importe de preto de 40 millóns de euros no último ano

A presidenta do ente público respondeu a unha pregunta sobre o balance das actuacións máis recentes na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia

29/09/20 | 11:51

Portos de Galicia consensúa cos consignatarios da Pobra do Caramiñal opcións de mellora para os traballadores da estiba

O ente público presentou un proxecto dun edificio para vestiarios e abre a posibilidade de concesionar o solo para que as empresas instalen casetas propias

29/09/20 | 10:30

Portos de Galicia vén de iniciar as obras de mellora dos peiraos de Ribadeo e Mirasol

A actuación conta cun investimento de preto de 50.000 euros e un prazo de execución de tres meses

16/09/20 | 12:55

O segundo martelo do porto de Burela mellorará o abrigo e a operatividade dos máis de 250 barcos que empregan anualmente estas instalacións

A Consellería do Mar destina máis de 1 millón de euros a esta ampliación do dique do peirao que busca reducir a axitación do interior das dársenas, maior capacidade de atraque e amortiguar a ondada que chega ao dique de abrigo

14/09/20 | 14:49 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso da Xunta co sector marisqueiro que, a pesar da pandemia, facturou entre xullo e agosto un 10% máis con respecto á media acadada nestes meses durante os últimos 10 anos

Resalta as cifras da campaña 2019/2020 en Noia, que se sitúa como a segunda mellor de toda a serie histórica en termos de descargas e a mellor en termos de facturación dos últimos 10 anos

14/09/20 | 12:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Patrimonio autoriza a Repsol as obras para construír o futuro poliduto do Porto Exterior da Coruña

A empresa presentou un plan de conservación co obxectivo de protexer os restos arqueolóxicos descubertos na traza deste conduto

02/09/20 | 13:02

A Xunta investirá máis de 126.000 euros na redacción de proxectos de melloras nos portos de Aguiño e A Pobra do Caramiñal

Estes peiraos están entre os máis de 50 traballos de redaccion de proxectos para melloras en distintos portos de Galicia que están en proceso de licitación conxunta por un importe global de 3,1 millóns de euros