Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 272 novas da área temática Facenda:

01/12/20 | 16:57

O orzamento da Consellería do Mar para 2021 é o máis alto da última década con preto de 188 millóns de euros

A titular de Mar explicou que os fondos para o próximo ano buscan apuntalar e axeitar a actividade da cadea mar-industria á nova situación marcada pola covid-19 e con ese fin dedícanse máis de 100 millóns de euros á mellora directa do sector marítimo-pesqueiro

01/12/20 | 12:23

Medio Ambiente reserva nos orzamentos de 2021 preto de 7,5 millóns de euros para actuacións de mellora e dotación de equipamentos urbanos nos concellos galegos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta que as contas do seu departamento reservan unha partida para financiar actuacións do Plan hUrbe e outra para a convocatoria dunha orde de axudas destinadas a crear ou mellorar as infraestruturas dos concellos con menos de 50.000 habitantes

01/12/20 | 12:16 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a "axilidade e a ambición" dos orzamentos de Política Social para 2021, que con 894,4 M€ supoñen o maior investimento da historia

Esta contía representa un aumento do 15,3% con respecto ás contas do presente exercicio e un 90% máis cas do ano 2009

30/11/20 | 14:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta de Galicia propón aos sindicatos incluír na oferta de emprego público para 2020 máis de 2.500 prazas de acceso libre

O maior número de prazas concéntrase na escala de axentes técnicos facultativos con 539 prazas na especialidade de xardín de infancia; e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais con 484 prazas, das que 476 son para a especialidade de persoal de limpeza e cociña

26/11/20 | 16:12 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta
26/11/20 | 13:28 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reanudará os exames de oposicións a partir do mes de febreiro

O conselleiro de Facenda e Administración Pública presentou hoxe na Comisión 3ª o proxecto de Lei de Orzamentos para 2021 e as contas da súa consellería

26/11/20 | 10:25 | C. de Facenda e Administración Pública

O PIB galego medrou un 14,6% no terceiro trimestre do ano, segundo as estimacións do IGE

Este crecemento é dúas décimas superior á caída rexistrada no anterior trimestre que coincidiu co confinamento provocado pola pandemia

25/11/20 | 18:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez contrapón os Orzamentos da Xunta máis altos da historia a os presupostos "das escusas e do esquecemento" do Goberno de España, os máis baixos para Galicia en 15 anos

Vázquez Mourelle salienta os máis de 11.500 M€ que a Xunta destina á protección social e á reactivación económica, mentres o Goberno de España sitúa Galicia no sexto lugar por investimento total e recorta en máis de 100 M€ o gasto