Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

12/05/22 | 14:29 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa informa do modelo de xestión da Secretaría Xeral para o Deporte ante os alumnos de INEF

A pesar de “ter botado de menos ao CSD durante a pandemia” Galicia conseguiu grazas aos seus propios esforzos que, a peche de 2021, houbera 230.701 licenzas sendo a quinta comunidade en número de licenzas e en número de clubs

11/05/22 | 16:47 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta lamenta o pasamento de Alfonso Posada e transmite o pésame ao atletismo olívico pola perda dun home 'que foi todo o que se podía ser no deporte'

Alfonso Posada recibiu da man do presidente da Xunta de Galicia a distinción ao mérito deportivo de Galicia que recoñece ás persoas e institucións que destacan pola súa labor a favor da promoción e o fomento do deporte e a educación física na comunidade autónoma galega

11/05/22 | 15:02 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Copa de España de Ciclismo pasa por segundo ano consecutivo por Galicia para mostrar “o incrible potencial dos equipos galegos”

O secretario xeral para o Deporte destaca tanto “a beleza como a dureza” da última proba da Copa de España que subirá montes como o Galiñeiro, a Grova ou o Aloia e que será a proba con maior distancia (190 quilómetros) e con maior desnivel acumulado (4.200 metros) do calendario nacional

10/05/22 | 16:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca o camiño do Noia FS que acada á máxima división "tras unha longa peregrinaxe de traballo e sacrificio"

Valora o gran nivel do fútbol sala masculino galego, "un legado que souberon recoller as mulleres mesmo superando o listón que puxeron os homes"

09/05/22 | 18:53 | Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia recibirá 442.000 euros do CSD para impulsar o programa 'Adestra a túa saúde' que xa está en marcha en Abegondo e Arteixo

Dirixido principalmente ás persoas maiores de 60 anos, o programa pretende mellorar a calidade de vida e afondar na prevención da fraxilidade destas persoas a través do exercicio

09/05/22 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AGASP contará cun novo pavillón deportivo para as prácticas dos alumnos da academia e os entrenamentos das Federacións Deportivas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou esta mañá os avances dos traballos na nova pista polideportiva cuberta, que xa están na súa fase final, coa previsión de que rematen este mes

06/05/22 | 13:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa acompaña “aos mellores piragüistas do mundo” no selectivo nacional de sprint que ten lugar en Verducido

O secretario xeral para o Deporte afirmou que, coa participación de Teresa Portela, Sara Ouzande e Carolina García no K4 feminino e a de Carlos Arévalo e Rodrigo Germade no K4 masculino, “máis da metade da tripulación dos mellores barcos nacionais é galega"